Mostrar mensagens com a etiqueta Manuel Núñez González. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Manuel Núñez González. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 5 de agosto de 2019

Manuel Núñez González 3

[...]
O río Codes, dempois de atravesar folgadamente a millor das de Villardevós, e un pouco antes de xuntarse ó seu compañeiro Porto, do que máis tarde toma o nome, precipítase por unha bonita ladeira, nunha profundidá de máis de corenta varas de altura somellando coas súas sucesivas e pequenas cascadas, unha manífica escaleira de prata.
Esténdese dempoixa, bulidor unhas veces, perguiceiro outras, pola fermosísima veiga de Arzaiza astra xuntarse co seu citado compañeiro: pero o que nos interesa é non perder de vista o sitio das cataratas en miniatura: chámaselle na autalidá a Fontiña, e nela tiñan os tíos Mariquiñas un muíño no que tódolos probes faguían a súa moenda sin máis paga que a de ter en conta que non se desarranxase.
[...]

"O muíño dos tíos mariquiñas", Manuel Núñez González

(Manuel Núñez González nasceu no dia 5 de Agosto de 1865. Morreu em 1917.)

domingo, 5 de agosto de 2018

Manuel Núñez González 2

Os ameneiros, chopos, carballos, loureiros e unha infinidá de herbas e prantas cheirosas contrastando cos áspros penedos, tan grandes como mal feitos, o mesmo lle dan aquel sitio, nas noites escuras, de ventisqueiro ou de chuvia, un aspeuto sombrío e medoñento, como fan que nas craras e apacibles de luar sea un dos sitios máis pracenteiros, onde, sentado enriba dun penedo, cos ollos fixos na señora da noite e arrolado polo monótono ruxido das augas, ou ben polos doces e melosiños cantos do reiseñor, cruza o pensamento os espacios infinitos, ora pensando na muller amada, ora soñando cousas tan alegres e amorosiñas que, remontándose polas rexiós do desconecido, xenera fantásticas visiós e mundos de coor de rosa astra conseguir que a tola fantasía acoube unha espranza falangueira que, por desgracia, sólo sirve para entristecer o curazón cando, ó volver en sí, comprende que todo foi un sono.

"O muíño dos tíos mariquiñas", Manuel Núñez González

(Manuel Núñez González nasceu no dia 5 de Agosto de 1865. Morreu em 1917.)

sábado, 5 de agosto de 2017

Manuel Núñez González

O muíño dos tíos mariquiñas

Era unha noite escura como a conciencia dun ladrón. A pequena chuvisqueira, que dempois de anoitecido humedecera as follas dos álbores e as herbas das pradeiras, deixou estendido no hourizonte un lenzo inmenso de sombras tenebrosas formadas polos esqueletos daquelas néboas que, pouco antes, arrotando ca fartura, esbaleiraran a auga riba dos pacíficos habitantes do pobo de Villardevós; de cando en vez deixábanse ver os debres refrexos da amortecida lúa, que ó volverse a tapar aumentaba nun cen por cen - como os rédetos dos nosos usureiros - a negrura daquela medoñenta escuridá; os paxariños, ateridos co frío, estaban agarouchadiños nas pólas dos chopos e dos ameneiros sin estreverse a dar unha piadela; e as xuguetonas e embalsamadas brisas da noite deixaban por vez primeira de ter un movemento constante as follas dos olmos.
Tal era pois a negrura espantosa e o silencio daquela noite malfadada.

[...]

Manuel Núñez González

(Manuel Núñez González nasceu no dia 5 de Agosto de 1865. Morreu em 1917.)