Mostrar mensagens com a etiqueta Fiz Vergara Vilariño. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Fiz Vergara Vilariño. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 15 de abril de 2020

Fiz Vergara Vilariño 4

Romance íntimo ao río Louzara

Dezanove anos de vida
e índa zoa nos meus ouvídos
a túa cantiga soneira,
que arrolou de meniño,
aquil cantar doce, soave,
garimoso e solermiño;
aquil cantar infantil
inda hoxe sigue vivindo.
Pro a infancia… a miña infancia:
¿Onde ma levaches río?
Dezanove anos de vida
e inda vexo o meu sorriso
reflexando nos espellos
dos teus remansos de vidro;
nas túas ondas transparentes
coma luces do vacío.
¡Os espellos seguen aí,
perennes e cristaíños!
Pro a ledicia… a ledicia:
¿Onde ma levaches río?

Fiz Vergara Vilariño

(Fiz Vergara Vilariño nasceu no dia 15 de Abril de 1953. Morreu em 1997.)

segunda-feira, 15 de abril de 2019

Fiz Vergara Vilariño 3

¡Ser sempre ti-eu nun abrazo,
nun abrazo ser sempre eu-ti,
nunha comuñón eterna,
nun éxtase,
nunha cópula interminable!
 
¡Ter decote os teus beizos nos meus labios,
ter decote as túas mans nas miñas mans,
ter decote o teu sexo no meu sexo,
e xirarmos nus, xirarmos a rebollóns
polos tesos da Pena da Cabra.

"Pastora de Sorrisos", Fiz Vergara Vilariño

(Fiz Vergara Vilariño nasceu no dia 15 de Abril de 1953. Morreu em 1997.)

domingo, 15 de abril de 2018

Fiz Vergara Vilariño 2

Río

¡Río da miña infancia, cobra de auga
escoando lixeira vagoada
abaixo!

Moitas veces (de mociño)
puxen sobre as túas ondas correntías
o mesmo S.O.S. metido na botella.

Logo fiquei na orela
agardando en silencio,
ollándome no espello dos teus claros
relanzos.

Todo foi en van, compañeiro:
¡ela aínda non chegou á miña carón!

"Nos Eidos da Bremanza", Fiz Vergara Vilariño 

(Fiz Vergara Vilariño nasceu no dia 15 de Abril de 1953. Morreu em 1997.)

sábado, 15 de abril de 2017

Fiz Vergara Vilariño

Angúria

Ún xa non sabe que facer
nesta vida

 
Xa non sabe si será
mellor deixarse caír
na lama como un peixe morto
ou seguir carrexando
o seu noxo polas congostras.

 
Ún está desesperado.
Ó fin i ó cabo quixera vivir,
quixera ser luz, quixera ser home
e non cederlle a ninguén
o seu posto na loita.

 
Ún quixera vencer a canseira,
arrombar a delor,
crebar as cadeas
e cantar libremente
unha cántiga moza nos solpores.


Fiz Vergara Vilariño

(Fiz Vergara Vilariño nasceu no dia 15 de Abril de 1953. Morreu em 1997.)