Mostrar mensagens com a etiqueta Debezos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Debezos. Mostrar todas as mensagens

sábado, 14 de novembro de 2020

Avelino Díaz 5

Miña patria!

¡Galicia, miña patria ben amada!
deleitoso pensar da miña mente,
imán do meu corazón, xoia preciada,
divinidade da que son crente
pra culto che rendir devotamente.

Dend-a terra lonxana, en que vivindo
morro, os ollos da alma estante vendo,
i-ás fadas benfeitoras vou pedindo
que me fagan volver a ti, qu-en indo,
satisfeito verei cando pretento.

Miña voz engustiada d-emigrante,
voando vai a ti nas áas do vento;
é a voz augural d-un fillo amante
que, prena d-emoción, de moi distante
quer falarche d-amor con doce acento.
[...]

"Debezos", Avelino Díaz

(Avelino Díaz nasceu no dia 14 de Novembro de 1897. Morreu em 1971.)

quarta-feira, 14 de novembro de 2018

Avelino Díaz 3

As xestas

¡Teño unha fonda tristura,
teño ganas de chorar!
Hoxe tiven desacougos
ó ver xestas n-este chan.


¡Que relembros me viñeron,
que deseios de voltar
outra vez á terra miña
ver xesteiras e toxais!


¡Xesteiras de Santacomba,
codeseiras dos Xuncás,
queirogales de Candedo,
toxales do Valdacal!


¡Xesteiras de Santacomba,
donde andiven de rapaz,
toxal da serra de Meira,
quén vos puidera mirar!


¡Verdes chailas da Gadella,
silveirales de Lodás,
fieiteiras de Paredes,
xungueiras de Fumiñá!


¡Ai, cousas da miña terra,
quén vos puidera mirar!
¡Ai, tempos que se me foron!
¡Galicia! ¡Que lonx-estás!


"Debezos", Avelino Díaz

(Avelino Díaz nasceu no dia 14 de Novembro de 1897. Morreu em 1971.)

terça-feira, 14 de novembro de 2017

Avelino Díaz 2

Medo

Tiven polo mundo adiante
muito medo a me perder
e, cando me tope en Meira,
non teréi medo a morrer.


"Debezos", Avelino Díaz

(Avelino Díaz nasceu no dia 14 de Novembro de 1897. Morreu em 1971.)