Mostrar mensagens com a etiqueta Cousas d'a Aldea: Versos Gallegos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Cousas d'a Aldea: Versos Gallegos. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 22 de janeiro de 2021

Aureliano Pereira 7

O zorro

Era unha noite inverniza,
sin luar e sin estrelas;
o Xan de Cajaraville
viña pol-a carretera
d' a casa d' o seu compadre
o Benito de Pradeda:
entrambos esbaleiraban
unha xarra bén compreta,
pra remollar unhas libras
de chacina bén resesa.

O Xan moi craro non via
nin camiñaba á direitas,
y algunha vez mesmamente
se lle dobraban as pernas;
mais por eso el ind' andaba
com' home que leva presa,
tirándolle on cigarriño
d' os de cadela pequena,
que mais que ser de tabaco
parecía de cerdeira.
[...]

"Cousas d'a Aldea: Versos Gallegos", Aureliano Pereira

(Aureliano Pereira nasceu no dia 22 de Janeiro de 1855. Morreu em 1906.)

quarta-feira, 22 de janeiro de 2020

Aureliano Pereira 6

Cousas de vellos

Cada vés que vou ò monte
paso por diante a tua casa,
y-ainda me lembro d' as noites
de brétema ou de xeada,
que ch' iba cantar à porta
a copra d' o
tirinaina.
Y-ora rolóucame a risa
- e non rio por crianza -
cando n' a porta te vexo,
e 'n o sarego sentada
con un netiño 'n o colo
y-outro tirado 'n a lama.
E recordo cantas fixen
¡Dios que me deu! toleadas

por che falar unha miga
aló cand' o galo canta.
Casi se pode dicir
sin mentira ¡miña y-alma!
que c' os meus pasos abrin
a vereda d' a montana
e c' o rego dos meus ollos
medraron as espadanas.
Eu son abó, ti es abóa...
¡Xa che vai a conta larga!


Esto o tío Xan d' o Penedo
dixo à tía Pepa de Parga,
unha tardiña d' outono.
Despois, afalando as vacas,
votóuse pol-a vereda
levando diante a xugada
e dicindo dispaciño:
- Xa che vai a conta larga!...

¡Si m' acordo d' unha noite,
cando aló 'n a carballada
Ile din o pirmeiro bico!...
¡Ou, marela, condanada!...


"Cousas d'a Aldea: Versos Gallegos", Aureliano Pereira

(Aureliano Pereira nasceu no dia 22 de Janeiro de 1855. Morreu em 1906.)

terça-feira, 22 de janeiro de 2019

Aureliano Pereira 5

[Me contache teus pesares]

Me contache teus pesares
y-os doores d' o teu peito,
e dis, pro-que non chorei,
que non teño sentimentos.
Mais non penses, miña nena,
que pro eso non te quero.
¡S' os meus pesares non choro,
com' hei chorar os alleos?


"Cousas d'a Aldea: Versos Gallegos", Aureliano Pereira

(Aureliano Pereira nasceu no dia 22 de Janeiro de 1855. Morreu em 1906.)

quarta-feira, 31 de outubro de 2018

Aureliano Pereira 4

[Foi à irexa rezar: os seus pesares]

Foi à irexa rezar: os seus pesares
eran tantos ¡meu Dios!
qu' a probe d' a rapaza non podía
vivir 'n aquel door.
Cavilaba 'n o falso que roubara
seu corozo, sua fe,
y-olvido iba pidir ò Santo Cristo,
á Dios, supremo ben.
¿Non ouvia contar moitos milagres
que tiña feito xa?
¿non había facer qu' ela vivise,
cal 'n outro tempo, en paz?
- Siñor, pouco che pido, lle decía:
¿doeráste de mín?
sácame d' a mamoria sua lembranza,
¡que non podo vivir!
Y-alzand' os lindos ollos, d' auga cheos,
pra-o Cristo miróu
e víu que tiña o Santo a mesma cara
d' o home qu' a engañou.


"Cousas d'a Aldea: Versos Gallegos", Aureliano Pereira

(Aureliano Pereira nasceu no dia 22 de Janeiro de 1855. Morreu no dia 31 de Outubro de 1906.)

segunda-feira, 22 de janeiro de 2018

Aureliano Pereira 3


A miña sentenza

Cal a roxa mapola que 'n o prado
brotóu à primaveira,
y-o sutil aireciño prefumado
a move feiticeira;
pasóu por ante min. Fero e sereno
o sembrante mostróu, y-à sua mirada
trembóu meu corazón cal tremba o neno
á quen pilla n' o campo a troboada.
Cal imáxen qu' en pedra recortada
groria é d' o tempro e galardon d' o arte,
con andar pausadiño y-altiveza
marchou, cal frecha que pol-o aire parte,
sin virar a cabeza.

 
Eu quedeime mirando: xa dobrara
pol-a esquina d' a calle, y-eu ainda,
cal si diante d' a vista a contemprara,
inmobre, sospirando,
choroso o pensamento,
excramaba: ¿Hastra cando
durará meu tormento?
Y-unha voz 'n o meu peito resoando,
voz de min conocida,
respondéume ensiguida
con tono doce e brando:
Durará téu amor ó qu'a tua vida.

"Cousas d'a Aldea: Versos Gallegos", Aureliano Pereira 

(Aureliano Pereira nasceu no dia 22 de Janeiro de 1855. Morreu em 1906.)