domingo, 24 de junho de 2018

José Luis Sucasas 2

A confesión do criado Ensión

[...] 
Entramos os dous na taberna, eu aínda pampo e sen saber moito que facer. Busquei desesperado a complicidade dos ollos do taberneiro, e cando os tiven a tiro, pregunteille cun aceno quen carallo era o home aquel. Engruñou os ombreiros e púxose a facer os cafés. Xa sentados, o descoñecido díxome que lera o meu artigo sobre o bispo e preguntoume se eu pensaba que era certo o que alí contei. "Home... eu non estaba alí... e os que mo contaron tampouco, así que...", díxenlle. "E logo quen cho contou?... se é que se pode saber, claro..." Eu díxenlle que, sobre todo, a anónima Historia Compostellana e a Historia de España de Juan de Mariana. "... xa... xa..., pero eses libros falan dunha trampa que lle preparan ao bispo e que os tales criados Nadón, Cadón e Ensión son falsas testemuñas ao servizo dos urdidores da celada..." O home quedóuseme mirando en silencio un bo anaco. "... e o teu artigo nada conta diso e da por certo a sodomía e maila alta traizón..."
[...]

José Luis Sucasas, em Praza Pública

(José Luis Sucasas nasceu no dia 24 de Junho de 1959. Morreu em 2017.)

Sem comentários:

Enviar um comentário