Mostrar mensagens com a etiqueta Morgana en Esmelle. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Morgana en Esmelle. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 14 de outubro de 2019

Begoña Caamaño 4

Saír de Tintaxel fíxome ben. Abandonar a paisaxe das miñas propias ruínas estimuloume. Espertou ansias que xulgaba definitivamente perdidas.

"Morgana en Esmelle", Begoña Caamaño

(Begoña Caamaño nasceu no dia 14 de Outubro de 1964. Morreu em 2014.)

domingo, 14 de outubro de 2018

Begoña Caamaño 3

Agora marcho porque sei que mil motivos non fan unha razón. E que mil razóns, aínda que poderosas, non dan o dereito. O dereito. Eu non o tiña. Tampouco Merlín.
Marchar pois. Mover os meus ósos, reumáticos de culpa, e deixar que Merlín conviva tamén coa súa lumbarxia das entrañas. Marchar. Quizais a Tintaxel. Se cadra a Ávalon. Ou talvez visitar en Elsinor o meu primo don Hamlet. Que máis ten? Todas elas paisaxes desoladas.

"Morgana en Esmelle", Begoña Caamaño

(Begoña Caamaño nasceu no dia 14 de Outubro de 1964. Morreu em 2014.)

sexta-feira, 14 de outubro de 2016

Begoña Caamaño

O meu nome é Morgana.
Morgana de Cornualles. Morgana de Tintaxel. Morgana de Ávalon. Morgana de Camelot.
Morgana, a filla de Garlois. A irmá do rei. A sabia. A druída. A meiga. A fada. A bruxa. A puta.
Chamádeme como queirades. Tanto ten. Son todas e non son ningunha, que en cada unha desas Morganas, e de tantas outras como poidades imaxinar, hai parte da miña esencia, pero eu son máis, moito máis do que a suma ou o seu conxunto.
Eu son Morgana e esta é a miña historia. Contada por min mesma, coa miña voz. A única historia en que me vexo e en que me recoñezo. Por máis que haxa quen lembre doutro modo os feitos.

"Morgana en Esmelle", Begoña Caamaño

(Begoña Caamaño nasceu no dia 14 de Outubro de 1964. Morreu em 2014.)