Faltaban des menutos pra que pasara un tren. A noite estaba como o
mantelo da Virxe dos Dolores… Por aqueles lugares ninguén pasaba a
aquelas horas... cargou Antón co gavilán borracho, andivo como tres
centos metros de camiño, e deixando en medio da vía, como quen deixa un
refaixo vello, correu a poñe-las señales de que non había novedade; e
cando o tres pasou botando centellas, Antón, presinándose, dixo: Díos mo
perdone, pro tiña o meu corazón feito un agulleteiro.
Leopoldo Basa Villadefrancos
(Leopoldo Basa Villadefrancos nasceu no dia 29 de Maio de 1866. Morreu em 1947.)
Sem comentários:
Enviar um comentário