segunda-feira, 29 de maio de 2017

Agustín Fernández Paz

Cando abrín o caixón da esquerda, comprobei que a miña busca finalizará. Alí, gardadas nun coqueto álbum de tapas dun vermello decolorado, estaban as fotos que amosaban a vida da avoa Rosalía antes de casar. Fotos de familia, cos que debían ser seus pais e irmáns, fotos con grupos; de amigas, e tamén fotos individuais, a maioría retratos dos que antes se chamaban "de estudio". E si, contemplalas supúxome unha conmoción, coma se de repente alguén me trasladase no tempo, me arranxase con outras roupas e outro peiteado e me deixase diante do ollo voraz da cámara.
Foi como verme nun espello, só que o espello reflectía outra vida distinta. Aqueles ollos eran os meus, e tamén a boca, e o óvalo da cara. A expresión podía ser diferente, pero Sebastián tiña razón. Os azares xenéticos fixeran de min unha copia física case exacta da miña avoa Rosalía. Era estraño recoñecerme naquelas fotos dun tempo pasado, pois tendemos a pensar que somos únicos e irrepetibles. E si, claro que o somos, mais non no aspecto físico: sempre hai alguns familiares, as veces remotos, que perviven en nós a través dos nosos trazos, coma se nos agasallasen cunha herdanza á que non podemos renunciar.

"Corredores de Sombra", Agustín Fernández Paz

(Agustín Fernández Paz nasceu no dia 29 de Maio de 1947. Morreu em 2016.)

Sem comentários:

Enviar um comentário