O merlo larpeiro
Máis que merlo
cantor, eres larpeiro.
(Se che ofendo,
disculpa o que che digo.)
Nomearche a
cereixa, a uva, o figo…
Auga debe
facerche no peteiro.
Esta sona que tes
de lambisqueiro
xa non é nova,
que che ven de antigo,
porque dunha
figueira es máis amigo
que da póla
lustrosa dun loureiro.
É o teu gozo
meirande andar de esmorga,
pois sabes que ó
que ten baldeira a andorga
elle imposible
ter o ánimo ergueito.
Anque o teu
proceder eu non comparto,
cando vexo que
tes o buche farto,
que che faga,
desexo, bon proveito.
"Escolanía de Melros", Faustino Rey Romero
(Faustino Rey Romero nasceu no dia 27 de Outubro de 1921. Morreu em 1971.)
Sem comentários:
Enviar um comentário