Todos os castelos en ruínas teñen a súa lebre encantada - "sordet" - e por eso no país de Laimion existe a lebre dos castelos de Tonquédec, a de Coatfrec, a de Coatnizan, a de Kerham, e aínda outras.
Estas lebres son as almas de antigos señores que fan penitencia baixo esta forma. Xa que eles facían tremer a todo o mundo en vida son condenados a converterse no máis temeroso dos animais, despois da morte. E non serán liberados sen sufrir, por parte dos cazadores que tiran sobre elas sen saber o que son, tantos disparos como golpes tiñan dado, ou feito dar, nas pobres xentes a eles noutro tempo vencelladas.
O chumbo atravésaos dunha a outra parte sen matalos, e se que deiten unha soa gota de sangue: pero non deixan por iso de ter igual sufrimento.
"Memorias dunha Terra", Xosé María Castroviejo
(Xosé María Castroviejo nasceu no dia 4 de Março de 1909. Morreu em 1983.)
Sem comentários:
Enviar um comentário