Mostrar mensagens com a etiqueta Memorias dunha Terra. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Memorias dunha Terra. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 4 de março de 2019

Xosé María Castroviejo 4

Estivo un anaco quedo para serenarse, puxo o xeonllo dereito na terra e apuntou con todo coidado, aínda que os pulso lle tremasen. De novo dous tiros, e a lebre moi queda ollando para el coma se quixese rir. Volta a cargar e volta a disparar, unha e outra vez, ata que ao fin a lebre, aburrida, deu un pulo e saíu correndo polo camiño arriba.

"Memorias dunha Terra", Xosé María Castroviejo

(Xosé María Castroviejo nasceu no dia 4 de Março de 1909. Morreu em 1983.)

domingo, 4 de março de 2018

Xosé María Castroviejo 3

O Xestido foise para a cama sen cear co disgusto, pois poñia moito amor propio nas cousas da caza, e ao outro día marchou, aínda con noite, de novo ao monte. Chegou á chouza sen atopar a lebre, e un pouco máis alá sentiu zoar á súa dereita nas xestas. Volveuse, e de novo a lebre salta que salta, amostrándolle o seu rabo branco entre brinquedo e brinquedo. Pam!, Pam! Dous novos tiros e a lebre que foxe con máis vida que nunca.

"Memorias dunha Terra", Xosé María Castroviejo

(Xosé María Castroviejo nasceu no dia 4 de Março de 1909. Morreu em 1983.)

sábado, 4 de março de 2017

Xosé María Castroviejo 2

Todos os castelos en ruínas teñen a súa lebre encantada - "sordet" - e por eso no país de Laimion existe a lebre dos castelos de Tonquédec, a de Coatfrec, a de Coatnizan, a de Kerham, e aínda outras.
Estas lebres son as almas de antigos señores que fan penitencia baixo esta forma. Xa que eles facían tremer a todo o mundo en vida son condenados a converterse no máis temeroso dos animais, despois da morte. E non serán liberados sen sufrir, por parte dos cazadores que tiran sobre elas sen saber o que son, tantos disparos como golpes tiñan dado, ou feito dar, nas pobres xentes a eles noutro tempo vencelladas.
O chumbo atravésaos dunha a outra parte sen matalos, e se que deiten unha soa gota de sangue: pero non deixan por iso de ter igual sufrimento.


"Memorias dunha Terra", Xosé María Castroviejo

(Xosé María Castroviejo nasceu no dia 4 de Março de 1909. Morreu em 1983.)

sexta-feira, 4 de março de 2016

Xosé María Castroviejo

Un atardecer de agosto fun acompañando a Pepe e Ramón, fillos do noso caseiro, e a outros mozos de Paizás, que ian “tirarlle o loito” as fillas de Picón de Guillamonde, que levaban un ano cumprido dende o pasamento da sua nai. Usábase polo entón este costume, para que a mocidade puidese volver ás festas, despois dun ano de loito nas casas. Era obrigado finxir resistencia a agachar as roupas no fondo da ucha e, naquel caso, as de Guillamonde finxiran oposición bastante despois de moita retesía. Houbo loita, corpo a corpo, polo loito, o que non pesou nada os de Paizás, que as mozas do señor Manuel de Picón eran moi manteigosas e garridas. Sacáronse ao fin os panos da ucha, houbo risos das mozas rescatadas, e fomos logo moi ben obsequiados na casa.

"Memorias dunha Terra", Xosé María Castroviejo

(Xosé María Castroviejo nasceu no dia 4 de Março de 1909. Morreu em 1983.)