Rebumbio sin fin
Todo é engañifa n-este mundo
De mintiras e trampas e liortas.
A moral e a razón parecen mòrtas
C-as falcatrúas que se fan á reo.
A xusticia dá voltas com-a veo
Se lle entran os munises pol-as pòrtas,
E cada un, por dereitas ou por tòrtas,
Fay canto pode pra vivir do alleo.
Atôpase unha agulla n-un palleiro
Mais presto, se se busca con pacencia,
Que se encontra un amigo verdadeiro.
Como non hai vergonza nin concencia,
Todo se vende hoxe por diñeiro
Dend-as sete virtudes á inocencia.
Bernardo Rodríguez Ribeira
(Bernardo Rodríguez Ribeira nasceu no dia 8 de Janeiro de 1853. Morreu em 1924.)
Sem comentários:
Enviar um comentário