Monte de Lobeira, monte de Xiabre,
Nas noites de inverno caladas e tristes,
Qué diaños falades,
Que a xente do mundo non entende migalla dos vosos falares...?
Cando eu era un neno, miña nai contábame
De coma Lobeira fora unha xiganta, e Xiabre un xigante,
Con corpos e almas igoal que as xentes que había denantes...
Máis o demo tentounos un día. ¡Quixeron bicarse!
E Deus púxolles polo medio o val do Salnés...
Pra que mentras se amasen...
Monte de Lobeira, Monte de Xiabre.
Nas noites de inverno, caladas e tristes.
Eu xa sei que falades!
Falades de amores.
Que o falar de amor non é de homes, senón de xigantes.
Francisco Porto Rey
(Francisco Porto Rey nasceu no dia 16 de Janeiro de 1876. Morreu em 1941.)
Sou J. José Romero Durán filho de J. José Romero Porto, neto de Dolores Porto Casás, filha deste poeta galeguista. A poesía é muito fermosa e chantada na geografía do Val do Salnés, rodeada polos Montes Lobeira e Xiabre. Quem queira entrar em contacto: economistagz@gmail.com ou 636 21 21 38 (móv./whatsapp). Muito obrigado por publicares ao meu bisavô. Abraço.
ResponderEliminarMuito obrigado pelo teu comentário. Abraço.
Eliminar