Mostrar mensagens com a etiqueta Francisco Porto Rey. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Francisco Porto Rey. Mostrar todas as mensagens

sábado, 16 de janeiro de 2021

Francisco Porto Rey 5

Por chamarlle viño ô viño
e chamarlle pan ô pan,
dou en decir o veciño
qu'era a tola de Sobrán.

Agora din qu'istou san
e son dina d'aloumiño
porque ô pan lle chamo viño
i-o viño lle chamo pan.

"A Tola de Sobrán", Francisco Porto Rey

(Francisco Porto Rey nasceu no dia 16 de Janeiro de 1876. Morreu em 1941.)

quinta-feira, 16 de janeiro de 2020

Francisco Porto Rey 4

[...]
Adios pedras de Carboeiro!
Adios altos de Fontao!
Adios! Que nunca n-a vida 
cicais a vernos volvamos.
[...]

Francisco Porto Rey

(Francisco Porto Rey nasceu no dia 16 de Janeiro de 1876. Morreu em 1941.)

quarta-feira, 16 de janeiro de 2019

Francisco Porto Rey 3

[...]
Bágoas levaba n' os ollos,
e no curazón salayos;
mal humor en tod' o corpo 
y 'un amarguexo endeñado 
n' a yalma. N' era milagre
tal cousa, que o fin y-o cabo
deixaba tras miñas costas,
monte arriba e monte abaixo,
oito dias de folganza,
[...]

Francisco Porto Rey

(Francisco Porto Rey nasceu no dia 16 de Janeiro de 1876. Morreu em 1941.)

terça-feira, 16 de janeiro de 2018

Francisco Porto Rey 2

Seguindo a torta congostra,
montado n-o meu cabalo
que me puxo o... (con perdón)
que daba noxo apalpalo,
sopareime de vosoutros
coma quen vai pro cadalso. 
[...]

Francisco Porto Rey

(Francisco Porto Rey nasceu no dia 16 de Janeiro de 1876. Morreu em 1941.)

segunda-feira, 16 de janeiro de 2017

Francisco Porto Rey

Monte de Lobeira, monte de Xiabre,
Nas noites de inverno caladas e tristes,
Qué diaños falades,
Que a xente do mundo non entende migalla dos vosos falares...?


Cando eu era un neno, miña nai contábame

De coma Lobeira fora unha xiganta, e Xiabre un xigante,
Con corpos e almas igoal que as xentes que había denantes...
Máis o demo tentounos un día. ¡Quixeron bicarse!
E Deus púxolles polo medio o val do Salnés...
Pra que mentras se amasen...


Monte de Lobeira, Monte de Xiabre.
Nas noites de inverno, caladas e tristes.
Eu xa sei que falades!
Falades de amores.

Que o falar de amor non é de homes, senón de xigantes.

Francisco Porto Rey

(Francisco Porto Rey nasceu no dia 16 de Janeiro de 1876. Morreu em 1941.)