Tripou o cabalo pola canella, e chégou unha rara figura de home fracote, escanabouzado, xordo de comenencia e pitarroso dos ollos. Xa polos camiños se distinguía polo grande capotón que cobría os cadrís do faco deixando soilo saír a cola. O cabalo todo envolveito en pelaxes acostumaba a pararse diante tóda-las portas. O recaudador. Pola porta da Predreira metíase todo o mundo: as arroiadas, os cás famentos, os labregos, os pedichós. Unha noite tamén entróu o lobo e meteuse na corte das ovellas. A fidalga recibiu ó home cunha curtesía de quen teima cobrir a vergonza íntema. Ben se decataba il da falla de cartos. Naquil tempo a idea de Estado comezaba a facer forza na aldea. Astra entón gobernaban potenzas antergas, visibres, presentes. O poder estaba representado por monxes e cregos, por fidalgos cobradores e comedores, mais ó tempo cheos de confianza cos paisanos. Moito tardóu a idea abstracta do Estado en se sentir nos eidos. Daquela entraba no pazo o Estado na persoa dun novo tipo, nin labrego nin señor. Co tempo, os recadadores fixéronse señoritos.
"Os Camiños da Vida", Ramón Otero Pedrayo
(Ramón Otero Pedrayo nasceu no dia 5 de Março de 1888. Morreu em 1976.)
Sem comentários:
Enviar um comentário