quarta-feira, 31 de maio de 2017

Ramón Piñeiro 2

Polo carácter cultural da batalla que os intelectuais presentaron, os seu efectos notaríanse na propia forza opoñente antnes que no mesmo pobo. Pouco a pouco, a progresión cultural do galego, con triunfos tales como a penetración na Universidade, na Eirexa, en certos niveis do Ensino, etc., etc., foron virando a mentalidade da poboación urbana e abrindo brecha na súa hostilidade despectiva, moi especialmente nas xeracións mozas. E coa apertura á lingua, ou coa súa aceptación plen, xorde neles unha nova óptica da realidade galega e, a partir dela, unha nova sensibilidade máis solidaria. Na mesma medida en que se acepta a lingua, en que se "galeguiza", a nosa poboación urbana vaise interesando polo destino solidario de Galicia. O vello panorama dunha Galicia fendida entre unha minoría alienada e desprezadora e unha maioría submisa a ese desprezo, vai dando paso a unha Galicia nova na que os fillos daquela minoría comezan a se sentir solidarios da Galicia popular. Como fixeran os intelectuais.
Este camiño da solidariedade, da conciencia común, cuia expresión é a lingua, é o único que pode movilizar intrinsecamente as enerxías creadoras de Galicia como pobo. O único que os pode poñer en condición de loita eficaz contra o noso atraso. A lingua é a bandeira da nosa solidariedade moral, e a solidariedade é a base imprescindible do noso progreso, do noso desenvolvemento, do noso desenvolvemento material e espiritual.

"Olladas no Futuro", Ramón Piñeiro

(Ramón Piñeiro nasceu no dia 31 de Maio de 1915. Morreu em 1990.)

Sem comentários:

Enviar um comentário