Mostrar mensagens com a etiqueta Olladas no Futuro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Olladas no Futuro. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 31 de maio de 2017

Ramón Piñeiro 2

Polo carácter cultural da batalla que os intelectuais presentaron, os seu efectos notaríanse na propia forza opoñente antnes que no mesmo pobo. Pouco a pouco, a progresión cultural do galego, con triunfos tales como a penetración na Universidade, na Eirexa, en certos niveis do Ensino, etc., etc., foron virando a mentalidade da poboación urbana e abrindo brecha na súa hostilidade despectiva, moi especialmente nas xeracións mozas. E coa apertura á lingua, ou coa súa aceptación plen, xorde neles unha nova óptica da realidade galega e, a partir dela, unha nova sensibilidade máis solidaria. Na mesma medida en que se acepta a lingua, en que se "galeguiza", a nosa poboación urbana vaise interesando polo destino solidario de Galicia. O vello panorama dunha Galicia fendida entre unha minoría alienada e desprezadora e unha maioría submisa a ese desprezo, vai dando paso a unha Galicia nova na que os fillos daquela minoría comezan a se sentir solidarios da Galicia popular. Como fixeran os intelectuais.
Este camiño da solidariedade, da conciencia común, cuia expresión é a lingua, é o único que pode movilizar intrinsecamente as enerxías creadoras de Galicia como pobo. O único que os pode poñer en condición de loita eficaz contra o noso atraso. A lingua é a bandeira da nosa solidariedade moral, e a solidariedade é a base imprescindible do noso progreso, do noso desenvolvemento, do noso desenvolvemento material e espiritual.

"Olladas no Futuro", Ramón Piñeiro

(Ramón Piñeiro nasceu no dia 31 de Maio de 1915. Morreu em 1990.)

terça-feira, 31 de maio de 2016

Ramón Piñeiro

O menosprezo da lingua galega era cousa adoitada na nosa burguesía urbana. Tíñase por lingua "rústica", "ordinaria", "plebea", e aos seus falantes por "ignorantes", "atrasados", "vulgares". Esta actitude despectiva campou durante moito tempo e aínda hoxe conserva vixencia inanque xa á defensiva. Coa soberbia que lle daba o seu poderío social, ademais de autoalimentar a súa runfadela menosprezadora chegou a exercer tal brutal presión sobre a mentalidade colectiva que os propios galego-falantes tragárona por verdadeira. Chegaron a ter por certo que o falar en galego era o signo indiscutible do seu atraso, da súa inferioridade, sen caeren na conta - nin podía pedírselles tal cousa - de que a súa inferioridade radicaba no nivel de vida e non no idioma falado. Non se decataban de que a superioridade dos desprezadores era económico-social, mais non idiomática. No terreo económico-social dábase esa relación superioridade/inferioridade, mentres que no terreo ideomático só ocorría que falaban linguas diferentes. Coa importante particularidade de que a inmensa maioría era a que falaba galego e só a minoría era socialmente poderosa e impuña rudamente as súas pautas.
Situación tan aberrante tiña por forza que provocar contestación, a menos que o pobo galego perdera por completo a conciencia da súa personalidade. E foron os poetas os primeiros en demostrar que non a perdera ao recolleren na camada popular a lingua desprezada e convertérena, ao traveso dunha poesía de gran calidade, en instrumento denunciador das mágoas da maioría.

"Olladas no Futuro", Ramón Piñeiro

(Ramón Piñeiro nasceu no dia 31 de Maio de 1915. Morreu em 1990.)