terça-feira, 23 de junho de 2020

José Luis Sucasas 4

A confesión do criado Ensión

[...] 
Agora o home semellaba un chisco enrabechado. Quixen quitarlle ferro á conversa. "Tampouco hai que darlle moita importancia... total a historia non deixa de ser un subxénero da literatura", díxenlle. Engurrou o cello e permaneceu calado, mirándome o fondo dos ollos. Despois dixo: "Ah! Xa vexo... ti es un deses..." Fixo unha pausa e volveu falar. "Pois vouche contar... viviamos daquela tempos impuros e revoltos... escándalos monásticos, esposas abandonadas e saias con sotanas mesturadas. Corría o ruxerruxe de que o bispo Dolfo quería chapodar os abusos e restablecer a disciplina eclesiástica, aínda que para conseguilo tivera que empregar man dura; pero tal decisión non gustou nada a cantos vivían en tales vicios e algazaras. Así pois, unha fría tarde de inverno, o meu compañeiro Cadón e eu mesmo, Ensión, recibimos a visita de varios clérigos rebeldes, que moi desgustados coa intromisión del bispo compostelán, pedíronnos que perante o rei de Asturias debiamos acusar ao bispo de conspirar contra o seu reinado e de andar en acordos cos mouros para entregarlles as terras galegas... e así o fixemos, porque tampouco nos queriamos ver minguados os nosos privilexios. Isto foi o que pasou. E lembra que eu si estiven alí... outro día igual che falo do milagre dos cornos." 
[...]

José Luis Sucasas, em Praza Pública

(José Luis Sucasas nasceu no dia 24 de Junho de 1959. Morreu em 2017.)

Sem comentários:

Enviar um comentário