segunda-feira, 30 de setembro de 2019

Vicente Risco 7

Os esqueletes perderon xa o pouco xuicio que lles quedaba:
- ¡A de Dios!
- ¡Fuxamos!
- ¡Auxilios!
- ¡Sálvese quen poída!
- ¡Por eiqui!
- ¡Pol-a porta!
Turraban pol-o Alveiros, cando d'un lado, cando do-outro, ninguén s'entendía, bufaban de presa e de medo, topando os us cos outros, caindo, erguendose...
Apagáronse todal-as luces.
Alveiros sentiu qu'o arrempuxaban, qu'o collían, qu'o levaban d'arrastro, logo no aire...
Logo comenzou a sentire un afogo, unha estreitura y-un medo que s'arripiaba... Sentía que por todol-os lados tiña pedra pegad'ô corpo unha pedra mollada que fedía a podre; tiña un frío que se lle metía nos osos... Botou a man y-atopou un esquelete deitado a veira d'él. Sacudiuno:
- ¡Señor Dehmel! ¡Ay, señor Dehmel!
O esquelete non respondía. Aquelo si qu'era gordo. Alveiros enrabechado e tremendo de medo pegou a berrar y-a petar nas pedras e no esquelete, arrimándolle cada suco que lle descompuño os osos... Sudaba afogábase, por que ll'iba fallando o aire, y-o mesmo tempo s'arreguiraba de frio...
Por fin, botous'a chorar...

"D'o Caso que Ll'aconteceu ô Doutor Alveiros", Vicente Risco 

(Vicente Risco nasceu no dia 1 de Outubro de 1884. Morreu em 1963.)

Sem comentários:

Enviar um comentário