Mostrar mensagens com a etiqueta D'o Caso que Ll'aconteceu ô Doutor Alveiros. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta D'o Caso que Ll'aconteceu ô Doutor Alveiros. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 1 de outubro de 2020

Vicente Risco 8

Chubu fíxoll'unha siñal ô Dr., e chegarons'ond'a momia de Tothankhamon. Alveiros sacou o muiño d'oraciós, expilicou por brevis et breve o seu funcionamento, y-escomenzou a lle dar voltas.
A momia comenzou a remexer. Viaselle na face a forza que faguía ô rebulir antr'as faixas. O fin, as faixas escomenzaron a s'esgazar y-a cair como farrapos desfeitos tod'o longo do corpo. O faraon sacou os brazos, logo as pernas, y-escomenzou a faguer fexios pra se desentomecere... As momias que s'achaban perto dos operadores, tamen s'iban desempanicando...
Ouviuse en tod'o recinto coma se batísen taborelas que faguían un estrondo de cincoentamil tronos: eran os esqueletes qu'aplausaban ô Alveiros. A orquesta comenzou unha xigantesca marcha trunfal, y-os esqueletes arrodeand'ô Dr. erguérono no lombo é deron volta â sala antromedio d'unha ovación delirante.

"D'o Caso que Ll'aconteceu ô Doutor Alveiros", Vicente Risco 

(Vicente Risco nasceu no dia 1 de Outubro de 1884. Morreu em 1963.)

terça-feira, 1 de outubro de 2019

Vicente Risco 7

Os esqueletes perderon xa o pouco xuicio que lles quedaba:
- ¡A de Dios!
- ¡Fuxamos!
- ¡Auxilios!
- ¡Sálvese quen poída!
- ¡Por eiqui!
- ¡Pol-a porta!
Turraban pol-o Alveiros, cando d'un lado, cando do-outro, ninguén s'entendía, bufaban de presa e de medo, topando os us cos outros, caindo, erguendose...
Apagáronse todal-as luces.
Alveiros sentiu qu'o arrempuxaban, qu'o collían, qu'o levaban d'arrastro, logo no aire...
Logo comenzou a sentire un afogo, unha estreitura y-un medo que s'arripiaba... Sentía que por todol-os lados tiña pedra pegad'ô corpo unha pedra mollada que fedía a podre; tiña un frío que se lle metía nos osos... Botou a man y-atopou un esquelete deitado a veira d'él. Sacudiuno:
- ¡Señor Dehmel! ¡Ay, señor Dehmel!
O esquelete non respondía. Aquelo si qu'era gordo. Alveiros enrabechado e tremendo de medo pegou a berrar y-a petar nas pedras e no esquelete, arrimándolle cada suco que lle descompuño os osos... Sudaba afogábase, por que ll'iba fallando o aire, y-o mesmo tempo s'arreguiraba de frio...
Por fin, botous'a chorar...

"D'o Caso que Ll'aconteceu ô Doutor Alveiros", Vicente Risco 

(Vicente Risco nasceu no dia 1 de Outubro de 1884. Morreu em 1963.)

segunda-feira, 1 de outubro de 2018

Vicente Risco 6

Baixaron. Metéronse n'un toco escuro y-estreito, y-andiveron un pedazo. O fin foron dar a un sitio cheo de luz.
Alveiros, que levaba os ollos do escuro, ô pronto non se decatou do que vía. Era unha grandísima rotonda, cuberta c'unha bóveda d'inmensas estalactitas onde xogaban as luces de moitos miles de focos d'unha nunca vista intensidade. Viase igual que polo centro do día. A sua veira, Dehmel quitabas'o abrigo. Había un rebumbio que non deixaba a un entenderse. A man izquerda, unha chega d'esqueletes afinaban os istrumentos debían ser unha orquesta de mais de 400 profesores. Alveiros distinguía os violís, as harpas, os violós, os timbales, os redoblantes, os oboes, as trompas, os fiscorcios... No medio rebulían antr'a chusma d'esqueletes ispidos que rían e berraban, ús cuantos con vestidos de coores brilantes. Aquelo era bonito de veras.


"D'o Caso que Ll'aconteceu ô Doutor Alveiros", Vicente Risco

(Vicente Risco nasceu no dia 1 de Outubro de 1884. Morreu em 1963.)

domingo, 1 de outubro de 2017

Vicente Risco 5

Viña o tranway toupetante e lumioso. Alveiros pillouno e chegou â casa.
Oito días levou estudiando o rescrito, antre libros d'arqueoloxía e d'ocultismo. Comparou a escritura aquela co-as figuras que fan as estrelas no ceo, cos símbolos alquímicos, cos sinos do Zodiaco e dos planetas, con polígonos regulares, con todo los esquemas que tivo â man. Resolveu mil cuestiós de simboloxía. Os probremas dos comenzos enchíanse de luz no seu miolo, pro non atopaba a tradución: â correspondencia fonética d'aquelas letras se non podía chegar por ningún camiño. Traballou de alma... Traballou un día mais qu'o Creador, mais é qu'o Creador non traballaba por trinta mil pesos...
O oitavo día, espapallado, non s'ergueu do leito.
- ¡Ay que centella, malos diaños non me coman, que besta son! E podia que non cumpla rezal-o rescrito: os lamas do Tibet meten as oraciós n'un muiño de man e danlle voltas, e cada volta que dan val coma se dixeran a oración unha vez... Y-eu sen cair da burra!... ¡Olla o demo!... E botous'a durmir. 

"D'o Caso que Ll'aconteceu ô Doutor Alveiros", Vicente Risco

(Vicente Risco nasceu no dia 1 de Outubro de 1884. Morreu em 1963.)