segunda-feira, 18 de dezembro de 2017

Xerardo Díaz Fernández 2

A aglomeración era como un castigo, había que estar a cotío aguantando o bureo de tanta xente, o fume dos pitillos, a pouca ventilación, a forzosa falla de higiene co cheirume de suores e roupa suxa; a única ventaxa que tíñamos era o retreta que estaba nuna estancia separada por unha porta de maderia que se podía pechar; nela estaba dúas tazas de letrina e un grifo para poder sacar auga; tamén tiña unha pequeña fiestra que daba ó pateo do lavadeiro e donde donde se podía ollar somentes o muro e a garita dos centinelas: alí podíamos lavarnos un pouco o corpo, ainda que ás agachadas, pois eso estaba prohibido; a hixiene era un luxo ó cal non tíñamos ningún direito.

"A Crueldade Inútil", Xerardo Díaz Fernández

(Xerardo Díaz Fernández nasceu no dia 18 de Dezembro de 1907. Morreu em 1992.)

Sem comentários:

Enviar um comentário