Unha leda e xuguetona rayola meteuse estrevida pol-as regandixas das mal pechadas contras d'unha fenestra e, cal se quixera que non tardara en se recrear coa visión do ben que lle agardaba, veu á lle bicar agarimosa nas meixelas espertando do doce son coa sua morna quentadura.
Medio abertol-os ollos e coma quen de pronto se non dá boa conta do sitio onde se atopa, ollou, cursidoso e coma recordando, á seu redor, inda non vencida de todo a preguiza do sono.
O ledo chiar dos paxariños acabouno de espavilar e tivo d'aquela o acordo de que non estaba xa á bordo do barco no que retornara das Américas se non que era na vella casona dos seus pais e na pintoresca aldeia de Sergude, o sitio no que pasara a noite.
Erqueuse de medio lado no leito, axexou no seu torno e, aos poucos, foron saíndo da penumbra en que estaban envoltas cousas conocidas abondo e que, malia de non habelas visto facía tempo, lle falaban de outros día.
"A Terra Chama", Uxío Carré Aldao
(Uxío Carré Aldao nasceu em 1859. Morreu no dia 18 de Dezembro 1932.)

Sem comentários:
Enviar um comentário