FANDIÑO. - (Home duns corenta e cinco anos ben cumpridos; famélego, traxe de pana moura, renxidores zapatos de becerro, chapeu de aza ancha, chelina bermella, descoidado e poboado bigote. Faille as ñáñaras a Carmen non porque se sinta namorado, senón por acrecentar as súas propiedades unindo a elas as de Carmen. Entra a escea fitando pra tudos os lados, coma can que a lebre persigue. Na crueza do seu tono e modalidades peculiares, ben se adiviña que é tudo carne). - ¡Qué condanada de rapaza! Fuxe de mín coma dun can doente, centella. (Botándose unha ollada a sí mesmo). O que é haber... hainos muito máis feos. (Arrufado). E se algo eu feo fora... está a compensación pola outra banda: son o Fandiño, o home máis rico da parroquia... i acaso da bisbarra. (Carraspea, acomoda o chapeu, estarrica a chaqueta, etc.). Boeno, considerando que os pais da rapaza están da miña banda... será difícil que tanto ela como os bens de Montuto - que son os que máis intresan nista custión - non pasen a sere propiedade do Fandiño. ¡Manoel de Montuto ten moi boas terras!... E de herbas... estou por decir que está tan ben coma mín: principalmente un dos dous prados que ten, é o ollo do capón. (Carraspea e peta na porta). ¡Eh!... ¿Quén anda por eiquí?...
PEPA. - (Dende dentro). - ¡Entre, sinor Fandiño, entre pra dentro!... (Entra resoltamente).
"A Xustiza Dun Muiñeiro", Daniel Varela Buxán
(Daniel Varela Buxán nasceu no dia 2 de Março de 1909. Morreu em 1986.)
Sem comentários:
Enviar um comentário