¿De
quen era fillo? Non se sabía nin quen era o pai, nin siquer a
nai, inda que se sospeitaba que era unha muller que se tiña
deitado con varios homes na bisbarra de Vimianzo. Tampouco era
coñecido o lugar do seu nacemento.
O único que a xente sabía era que
o meniño que non tiña moito máis cunha semán cando apareceu
envolto con roupas de abrigo, a pesar de que xa viñera a
primavera, ao pé dun rústico muro de pedra que separaba o
camiño das silveiras. ¿Onde? Había quen dicía que nas terras
de Vimianzo. Pero outros afirmaban que fora preto da parroquia de
San Tirso de Oseiro, onde nacera Manuel Murguía, na belida terra
cuxa paisaxe vén a ser unha suave transición hacia a terra
bergantiñán, cantada por Pondal. Incluso había quen aseguraba
que o picariño fora deixado ó abrigo da "Pena
Forcada", situada nada menos que nos míticos Montes de
Traba.
O único certo era que ó
"fillo do vento" recollérano uns labregos do val de
Vimianzo e que coidaron del ata que foi levado ao hospicio da
cidade de Santiago de Compostela, onde foi bautizado poñéndolle
o nome de Manuel. Criouse no hospicio e, naturalmente, o seu
apelido era Expósito.
|
"Fillo do Vento", Xavier Costa Clavell
(Xavier Costa Clavell nasceu no dia 30 de Maio de 1923. Morreu em 2006.)
Sem comentários:
Enviar um comentário