Mostrar mensagens com a etiqueta Fillo do Vento. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Fillo do Vento. Mostrar todas as mensagens

domingo, 30 de maio de 2021

Xavier Costa Clavell 6

O primeiro que fixo o Manoliño aquel verán foi ir ao pintoresco pobo de Fisterra, siuado preto do cabo do mesmo nome. Sentiuse engaiolado pola suxestiva estructura. O mar xa non lle deu medo. Sentíase abraiado e atraído ao mesmo tempo polo seu misterio. Trátase dunha vila chea de engado. O rapaz sabía que Fisterra fora un dos fitos imprescindibles das peregrinacións xacobeas da Idade Media. Admirou a igrexa, situada nun típico barrio -románica do século XII-, na que se conserva a imaxe dun Cristo de devoción moi popular, o "Santo da barba dourada" da cantiga. Sabía tamén o picariño que unha lenda dicía que a cidade de Duyo estaba mergullada fronte ó emplazamento de Fisterra.
Tampouco ignoraba - don Fernando Filgueira faláralle de isto - que Fisterra xogara un papel estelar dentro da mitoloxía europea do Medievo. Era o fin do mundo coñecido. Alén de Fisterra espallábanse as augas e o misterioso abismo das néboas ultraterrenais.
Segundo a lenda, fronte ao Promontorium Nerum, o emplazamento de Fisterra, estaba, baixo as augas, a cidade coñecida polo nome de Duyo.
O neno, xa sen medo ao mar, bañouse nas augas da praia chamada de "Area do mar de Fora", unha espléndida praia situada ao noroeste do cabo de Fisterra.
    
"Fillo do Vento", Xavier Costa Clavell

(Xavier Costa Clavell nasceu no dia 30 de Maio de 1923. Morreu em 2006.)

sábado, 30 de maio de 2020

Xavier Costa Clavell 5

O Manoliño era un rapaz intelixente e cheo de curiosidade. Inda non tiña dez anos e xa coñecía o pobo e a bisbarra de Vimianzo mellor que moitos veciños adultos nados naquelas terras. Recorrera unha e outra vez o belido e rico val que se extende entre os montes Sangro e Faro. Éralle familiar a imaxe da mámoa, a cuxa beira pasara horas e máis horas imaxinando fantásticas aventuras nas que el era o protagonista. Estivera máis dunha vez no castelo de Vimianzo. O seu pai adoptivo - a verdade é que don Fernando, pola súa condición de crego, non o era legalmente, pero sí na práctica - procuraba sempre que tiña ocasión estimular a afección do Manoliño polo devir da historia. Así o neno soubo que no castelo, moi ben conservado por certo, estivera preso por orde de Pedro Madruga o bispo de Tui don Diego de Muros.
   
"Fillo do Vento", Xavier Costa Clavell

(Xavier Costa Clavell nasceu no dia 30 de Maio de 1923. Morreu em 2006.)

quinta-feira, 30 de maio de 2019

Xavier Costa Clavell 4

Don Fernando sempre me tratou moi ben. E tamén a súa ama de chaves, a señora Remigia. Comía o mesmo que eles. O porco era a base da nosa alimentación. Pero na casa do cura tamén se comía bastante a miúdo carne de vitela, que en Vimianzo sempre foi de calidade superior. Na bisbarra hai vacas tolas de dúas patas. Pero as de catro están todas cordas.
Frei Filgueira dábame libertade e algúns cartos cada semán ata que cheguei á idade de facer o ingreso no Instituto de ensino Medio, en Compostela, onde igoalmente fixen os estudios do Bacherelato, aloxado nunha pensión da cidade do Apóstolo. Don Fernando Filgueira corría con tódolos gastos e nunca me faltou nada. Si, foi para min como un pai, como o mellor dos pais.


"Fillo do Vento", Xavier Costa Clavell

(Xavier Costa Clavell nasceu no dia 30 de Maio de 1923. Morreu em 2006.)

quarta-feira, 30 de maio de 2018

Xavier Costa Clavell 3

O verán seguinte a ter aprobado en xuño o exame de ingreso no Instituto de Santiago, o meu pai, que se sentiu moi ledo, fíxome un regalo que moito estimei: deume unha importante cantidade de diñeiro e díxome:
- Vai este verán a dar unhas voltas pola Costa da Morte, que é moi interesante e belida.
Tiña daquela once anos e unha liberdade que para sí quixeran moitos mozos de máis idade ca que min.

"Fillo do Vento", Xavier Costa Clavell 

(Xavier Costa Clavell nasceu no dia 30 de Maio de 1923. Morreu em 2006.)  

terça-feira, 30 de maio de 2017

Xavier Costa Clavell 2

A finais do mes de setembro o meu pai, don Fernando, foi comigo a Santiago. Tiña once anos e ó seguinte mes cumpriría os doce. Ía a escomenzar os estudios do Bacharelato. Quedaban xa lonxe os meus tempos de hospiciano. Agora hospedaríame nunha fonda, cuxa dona, que era de Vimianzo, coñecía ó meu pai. Recomendoulle que cuidara de min. Ela, que se chamaba Fermina, díxolle que non se preocupara. Era unha señora duns cincoenta anos, e moi faladora. Tiña un bo corazón e non daba mal de comer, inda que comíase mellor na casa de don Fernando Filgueira. Os meus compañeiros de hospedaxe, sete, eran todos maiores ca min. Seis ían tamén ao Instituto. Un cursaba segundo ano e os outros xa estaban rematando o Bacherelato. O outro compañeiro chamábase Miguel e e tiña xa vinte anos. Estaba matriculado na Facultade de Ciencias da Información, no primeiro curso. A min resultoume antipático polo ar de superioridade que se daba. Escribía de cando en vez algún artigo no xornal "O Correo Galego". A min non me gustaba ningúns dos que lera. Tiña un estilo rebuscado, que ás veces facía que non se entendera ben o que escribía.
As conversacións que tíñamos ao xantar ou ó cear xiraban xeralmente sobre temas sexuais, cando non estaba presente a señora Fermina. Os meus compañeiros falaban como se foran donxuanes experimentados. A min semellábame que farfallaban e que nada do que dicían era certo. Pero non deixaban de me excitar aquelas charlas de sobremesa.
Eu era virxe. Pero xa fixera máis dunha palla. E cada vez facía máis.
 
"Fillo do Vento", Xavier Costa Clavell
 
(Xavier Costa Clavell nasceu no dia 30 de Maio de 1923. Morreu em 2006.)  

segunda-feira, 30 de maio de 2016

Xavier Costa Clavell

¿De quen era fillo? Non se sabía nin quen era o pai, nin siquer a nai, inda que se sospeitaba que era unha muller que se tiña deitado con varios homes na bisbarra de Vimianzo. Tampouco era coñecido o lugar do seu nacemento.
O único que a xente sabía era que o meniño que non tiña moito máis cunha semán cando apareceu envolto con roupas de abrigo, a pesar de que xa viñera a primavera, ao pé dun rústico muro de pedra que separaba o camiño das silveiras. ¿Onde? Había quen dicía que nas terras de Vimianzo. Pero outros afirmaban que fora preto da parroquia de San Tirso de Oseiro, onde nacera Manuel Murguía, na belida terra cuxa paisaxe vén a ser unha suave transición hacia a terra bergantiñán, cantada por Pondal. Incluso había quen aseguraba que o picariño fora deixado ó abrigo da "Pena Forcada", situada nada menos que nos míticos Montes de Traba.
O único certo era que ó "fillo do vento" recollérano uns labregos do val de Vimianzo e que coidaron del ata que foi levado ao hospicio da cidade de Santiago de Compostela, onde foi bautizado poñéndolle o nome de Manuel. Criouse no hospicio e, naturalmente, o seu apelido era Expósito.

Ben sei que me chaman o "fillo do vento". ¿Por que? Porque non saben quenes foron os meus pais. A miña nai concebiume ao ser fodida polo vento este tolo preto de Fisterra. Tamén din que nacín nun palleiro e fun atopado á beira dunha silveira, ao pé dun valado. ¿E que? Non me importa nada o que diga de min a xente. Eu son o Manoliño. Fun criado nun hospicio e, cando tiña catro anos, adoptoume o que considero meu pai, don Fernando Filgueira Fernández, que rexenta a parroquia que está á beira de Vimianzo, vila que me é moi querida.
 
"Fillo do Vento", Xavier Costa Clavell
 
(Xavier Costa Clavell nasceu no dia 30 de Maio de 1923. Morreu em 2006.)