sábado, 29 de maio de 2021

Xavier Costa Clavell 6

O primeiro que fixo o Manoliño aquel verán foi ir ao pintoresco pobo de Fisterra, siuado preto do cabo do mesmo nome. Sentiuse engaiolado pola suxestiva estructura. O mar xa non lle deu medo. Sentíase abraiado e atraído ao mesmo tempo polo seu misterio. Trátase dunha vila chea de engado. O rapaz sabía que Fisterra fora un dos fitos imprescindibles das peregrinacións xacobeas da Idade Media. Admirou a igrexa, situada nun típico barrio -románica do século XII-, na que se conserva a imaxe dun Cristo de devoción moi popular, o "Santo da barba dourada" da cantiga. Sabía tamén o picariño que unha lenda dicía que a cidade de Duyo estaba mergullada fronte ó emplazamento de Fisterra.
Tampouco ignoraba - don Fernando Filgueira faláralle de isto - que Fisterra xogara un papel estelar dentro da mitoloxía europea do Medievo. Era o fin do mundo coñecido. Alén de Fisterra espallábanse as augas e o misterioso abismo das néboas ultraterrenais.
Segundo a lenda, fronte ao Promontorium Nerum, o emplazamento de Fisterra, estaba, baixo as augas, a cidade coñecida polo nome de Duyo.
O neno, xa sen medo ao mar, bañouse nas augas da praia chamada de "Area do mar de Fora", unha espléndida praia situada ao noroeste do cabo de Fisterra.
    
"Fillo do Vento", Xavier Costa Clavell

(Xavier Costa Clavell nasceu no dia 30 de Maio de 1923. Morreu em 2006.)

Sem comentários:

Enviar um comentário