sábado, 9 de novembro de 2019

Antonio López Ferreiro 4

Moy leda iba Mariña pol-o camiño. E moitos motivos se lle viñan á a maxinación pra estalo; pero antre todos mandaba un, e era que ao fin hachara o medio de que Ramil non lle poidera chamar ingrata. Así é que nada sinteu o camiño; e logo tamén iba a boo paso. Ao atravesar o portal do seu pazo e mesmo ao apearse, sinteuse un troupeleo de cabalos que viñan d'a parte de Lalín. Algúns d'os criados que se foran achegando pra ver qué era aquelo, volveron axiña berrando: - O señor Sancho! O señor Ramil!
Á as voces sayeu Mariña correndo ao tempo que eles xa saltaran d'os cabalos e viñan c'os brazos abertos cara á ela. Mariña abalanzouse á seu hirmán Sancho, á quen tantas veces dira por morta, e abrazouse un n'outro e de tal maneira que, quen os vira, diría que aquel non era abrazo senon a soldadura de duas almas.
Entramentras Ramil estivo asperando que lle chegase á sua vez. E chegoulle; mais, estando Mariña abrazándoo con aquela tan gran dosis de cariño que ela sabía encerrar n-o seu peito, sinteu de pronto un estremecemento que a fixo rebotar pra atrás. Ramil deixou caer os seus brazos; e como conocía á Mariña, coidou que á él non eran debidos tantos cumprimentos. Ainda pensou si él faria algunha descortesía. Pero logo como se non pasara nada, encamiñáronse todos pra a casa, tan ledos e falangueiros como n-o maor día de festa.


"O Niño de Pombas", Antonio López Ferreiro

(Antonio López Ferreiro nasceu no dia 9 de Novembro de 1837. Morreu em 1910.)

Sem comentários:

Enviar um comentário