quinta-feira, 27 de julho de 2017

Xesús Rodríguez López 2

Mingas d'a Cabanexa é unha morena de vinteun anos, que fai reloucar á calquera qu'a mire, co-a gracea que despide a sua surrisa e cos vivos lostregos que san d'os seus churrusqueiros e negros ollos, cando mira pr'os rapaces.
Foi vareas veces pedida pra boas casas, porque Mingas, ademais de guapa, levaba consigo algunhas faneguiñas, qu'en todol-os tempos foron recomendaciós qu'adornaron moito ás rapazas casadeiras.
Mais d'unha vez foi causa de qu'os mozos andivesen á paus n'as ruadas, e, de qu'a xusticia metese baza nestas faIcatrúas, porque era muller tan agradecida, que sempre lle gustou corresponder as miradas de cantos lle facian a rosca d'o galo, con tal de que ll'entrasen pol-o ollo dereito.
¡E como lle gustaba qu'os mozos se liasen por ela! Cand'habia algunha liorta entr'os mozos qu'a rondaban, trataba de saber hastr'os mais pequenos detalles d'ela y-a cada un que l'e contaban brincaball-o corazón d'alegría.
Solo cando algun salía firido, poñía a cara algo tristeira, pro logo se trocaba outra volta alegre, segun a refreusión ll'iba vertendo vanidá n'o seu corazón.

"A Cruz de Salgueiro", Xesús Rodríguez López

(Xesús Rodríguez López nasceu no dia 28 de Julho de 1859. Morreu em 1917.) 

Sem comentários:

Enviar um comentário