Mostrar mensagens com a etiqueta Xesús Rodríguez López. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Xesús Rodríguez López. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 28 de julho de 2020

Xesús Rodríguez López 5

Os solteirós 

[...]
S'a eles non lles gustaran
as rapazas, craro está,
xa estaba todo espricado;
mais eu puiden reparar
que fuxen eles d'as nenas
cal d'o amo fuxe ó can,
com'a camisa d'o coiro
ou inda menos quizais.
Y-estonces xa que Iles gustan
¿porqué non se casarán?
Si teñen medo âs rapazas
que gastan un capital
en modas y-en perendengues
c-o pertesto d'alternar
con outras mais ricas qu'elas,
ou que solamente o fan
porque son guapas, e queren
á tod'o mundo gustar,
anqu' ô home non-lle guste
tan custosa vanidá,
vexo qu'abundan amiudo
moitas rapazas, que van
afeitas dende pequenas
á andar ó pé de suas mais,
qu'as deprenden á ser boas
privandoas da ociosidá
qu'as fan traballar n'a casa
pra saber dempois mandar,
o qu'a vida d'a familea
d'esta maneira as afan,
pra que s'elas mais adiante
se chegasen á casar
sirvan pra dar gusto ó home
e non pra dar gusto ós mais.

[...]

"Pasaxeiras", Xesús Rodríguez López

(Xesús Rodríguez López nasceu no dia 28 de Julho de 1859. Morreu em 1917.) 

domingo, 28 de julho de 2019

Xesús Rodríguez López 4

Os solteirós

Fai xa tempo que me choca
porqu' é cousa d'estrañar
o ver tanto solteiron
como pol-o mundo hay
con posiceon e con cartos
sin trazas de se casar,
por mais qu'eles ben conozan
que lleis vai pasando á edá
habendo tantas solteiras
que podían amparar.

[...]

"Pasaxeiras", Xesús Rodríguez López

(Xesús Rodríguez López nasceu no dia 28 de Julho de 1859. Morreu em 1917.) 

domingo, 24 de março de 2019

Xesús Rodríguez López 3

O gallego

Escritores d'afora que ô gallego
como tipo de mofa presentades,
e saber a verdá non precurades
antes de darlle á pruma un vil emprego,
vide aqui, a aprender que vos guiades
por un rutinarismo falso e cego.
O gallego, xa fora, xa en Galicia,
gana honores con quen lle fai xusticia.


Ao burlarvos d'un probe que precura
traballar pra vivir n'algun oficeo,
¿ô traballo, queredes por ventura,
negarIle a proteucion que dais ô viceo?
Quen ô traballo honra ten cordura,
quen pensa d'outro modo non ten xuiceo.

Ademais, coucearia como un mulo
quen xuzgase a Madrid por ver un chulo.
 

Traspasando colados e lameiras
pol-o inverno, sin medo â neve fria,
c'unhas codeas de pan nas faltriqueiras,
á pasar van n'escola tod'o dia,
dende os fillos das probes cortelleiras
hastra o que herda facenda e fidalguia.
E si tanto gallego hay de proveito
é por lêr y-escribir todos afeito.
 

Nas costumes de mozo é moderado;
entusiasta é nas suas alegrias;
da muller sempre é dôce namorado,
e co mesmo poder manexa o arado
qu'a moça, s'a mau ben, nas romarias;
que onde loita un gallego frente a frente
non ha naide que sea mais valente.


Ese amor ô seu lar, en donde aniña
xa a muller, xa chegada parentela,
fai que sinta as tristuras da morriña
cando lonxe da terra pensa n'ela.
O amor que ten ô seu ben s'adiviña
na propiedade, ô ver tanta parcela;
porque sempre á un gallego é preferente
ser pequeno señor, a gran sirviente.


Relixioso, filósofo e honrado,
temeroso da curea e da xusticia,
tal as fai tal as pensa, con malicia,
e por eso é muy pouco confiado.
En listeza non cede un solo grado
á calquera de fora de Galicia;
que hay algun paisaniño pol-a aldea
que lla pega ô que mais sabido sea.


"Pasaxeiras", Xesús Rodríguez López

(Xesús Rodríguez López nasceu no dia 28 de Julho de 1859. Morreu no dia 24 de Março de 1917.) 

sexta-feira, 28 de julho de 2017

Xesús Rodríguez López 2

Mingas d'a Cabanexa é unha morena de vinteun anos, que fai reloucar á calquera qu'a mire, co-a gracea que despide a sua surrisa e cos vivos lostregos que san d'os seus churrusqueiros e negros ollos, cando mira pr'os rapaces.
Foi vareas veces pedida pra boas casas, porque Mingas, ademais de guapa, levaba consigo algunhas faneguiñas, qu'en todol-os tempos foron recomendaciós qu'adornaron moito ás rapazas casadeiras.
Mais d'unha vez foi causa de qu'os mozos andivesen á paus n'as ruadas, e, de qu'a xusticia metese baza nestas faIcatrúas, porque era muller tan agradecida, que sempre lle gustou corresponder as miradas de cantos lle facian a rosca d'o galo, con tal de que ll'entrasen pol-o ollo dereito.
¡E como lle gustaba qu'os mozos se liasen por ela! Cand'habia algunha liorta entr'os mozos qu'a rondaban, trataba de saber hastr'os mais pequenos detalles d'ela y-a cada un que l'e contaban brincaball-o corazón d'alegría.
Solo cando algun salía firido, poñía a cara algo tristeira, pro logo se trocaba outra volta alegre, segun a refreusión ll'iba vertendo vanidá n'o seu corazón.

"A Cruz de Salgueiro", Xesús Rodríguez López

(Xesús Rodríguez López nasceu no dia 28 de Julho de 1859. Morreu em 1917.) 

quinta-feira, 28 de julho de 2016

Xesús Rodríguez López

Tras da obella

- ¿Prónde vas, Maruxiña, d'esta hora?
- Vou ô monte á catar una obella.
- ¿Non tés medo de noite e sin lua
tí soliña por esa debesa?
Por si cansas, dou volta contigo,
pois non quero que mai che soceda,
e buscando eu d'un lado e tí d'outro,
decontado daremos con ela.
- Ben vou sola. Agradezocho moito,
pro non canso, que teño boas pernas.
- Ben-ó sei. - ¿Cómo ó sabes? - Adrede
Ch'as mirei á mañá n-a restreva.
- Vaya, volve, non quero qu' acaso
por volvelas á ver te debezas,
porqu' as teño con ligas atadas
que sô o crego as desata n-a igresia.
- ¿Logo atouchas o crego? - Non tolo,
prô bendice o direito pra velas.


"Pasaxeiras", Xesús Rodríguez López

(Xesús Rodríguez López nasceu no dia 28 de Julho de 1859. Morreu em 1917.)