quinta-feira, 12 de janeiro de 2017

Miguel González Garcés

Poema ó meu mar

Quixera, eu ben quixera que tivese o meu verso
a sombra soave do ceo borrallento
no mare,
a verdecrara luz do piñeiral solemne,
a craridade maina dos fiúnchos nas ribeiras do Mero.


Pero a outra espranza, a imposible espranza
é que o meu verso erguérase
fero, baril e irto como o mar.


Como o mar dos roquedos da miña Torre

sin acougo dos séculos bañada
polas xaraibas e os salgados ventos
e as lunes tráxicas que saúdan os navíos
co medo relixioso do viandante
que pola noite pasa a carón dun cruceiro.


Non sei si poderá ter o meu verso
a doce resoancia da cantiga,
dunha vella cantiga latexante
de amores, de saudades, de lembranzas...


Eu ben quixera que o meu canto fose
unha herbiña que é berce dunha pinga de luz,
unha frol amarela dunha xesta,
ou miúda miosotis nas orelas do río.


Meu mar é bretemoso, crarísimo, labrusco,
ecoante de brados, de amprios horizontes,
de manseliñas praias nas luminosas rías.


Loitador destemido, arriscado, fervente,
de raiolas azues cando crébase o día
e vén de vagariño a luz nova da escuma.

 [...]

Miguel González Garcés

(Miguel González Garcés nasceu no dia 12 de Janeiro de 1916. Morreu em 1989.)

Sem comentários:

Enviar um comentário