sábado, 22 de setembro de 2018

Emilio Álvarez Blázquez 5

Por eiqui viñeron
outrora os cantares
cando eu era nano.

Por esta valgada
viñeron os bicos
e as floriñas brancas.

Agora - non chores! -
ven un vento frío,
de aló, de moi lonxe...

"O Tempo Desancorado", Emilio Álvarez Blázquez

(Emilio Álvarez Blázquez nasceu no dia 16 de Abril de 1919. Morreu no dia 22 de Setembro de 1988.)

Sem comentários:

Publicar um comentário