quarta-feira, 25 de outubro de 2017

Manuel Leiras Pulpeiro 3

Desque lle a peta botaron,
naide máis foi á Frouseira;
soilo Dios puxo froliñas
por entremédias das penas;
froliñas pequerrichiñas,
e agrouladas, que semellan
bágoas de sangue calladas
no bico das carrasqueiras;
froliñas que, con ser froles,
caladamente se queixan
de que tanto, tanto tarden
en cobrar-se contas vellas!

"Cantares Gallegos", Manuel Leiras Pulpeiro

(Manuel Leiras Pulpeiro nasceu no dia 25 de Outubro de 1854. Morreu em 1912.)

Sem comentários:

Publicar um comentário