domingo, 18 de abril de 2021

Miguel Suárez Abel 3

Pero tranquis, ante todo moita calma, que non me vou reducir a chorar. O único que ocorre é que se cadra chímpanme fóra do insti. Ese é o problema. Moi probablemente a partir de mañá non poderei volver a ese colexio. Xa sei, xa sei que tampouco é ningunha desgracia abandonar unha porcallada de instituto, pero... ¿que fai unha rapaza coma min, sen cumprir aínda os dezasete, se non está matriculada nalgún centro de estudio? (Iso é o que lle escoito dicir a tododiós.)
Ocorreu todo por unha historia do máis boba. (Perdoade un momentiño: ¿Que vos parece se poño unha cinta de Scorpions?; é que a min alucínanme. E ímonos tratar de colegas, tío, que aquí non se está a enganar a ninguén.) Resulta, como xa vos dixen, que desde o curso pasado as cousas marchaban mal entre Anxo e eu. Anxo é un chalado. Un destes profesores taladrados cos que te atopas en calquera colexio. Abreviando: que está zumbadísimo. Pero por se non chegase, é cabrón.

"Selva Negra", Miguel Suárez Abel 

(Miguel Suárez Abel nasceu em 1952. Morreu no dia 18 de Abril de 2017.)

Sem comentários:

Enviar um comentário