domingo, 13 de setembro de 2020

Ramón Armada Teixeiro 4

[...]
N'o pasadoiro d'a cruz
xureiche cariño eterno;
y-eu cristiano, nin de morto
faltaréi ô xuramento.


Sempre hermosa, verde sempre,
¡qué terra a miña terriña!
ben se dice n'os cantares:
despois d'o ceo, Galicia.
 

Non viven as maravillas,
pr'o amor, máis qu'unha noite;
e índa así n'as asemellas,
qu'eres en cobizos, probe.

Buscando amigos n'o mundo,
cruceino de banda á banda;
tardei, desde mozo á vello,
cand'os vin... ¡moeda falsa! 

[...]

"Aturuxos", Ramón Armada Teixeiro

(Ramón Armada Teixeiro nasceu no dia 14 de Setembro de 1858. Morreu em 1920.)

Sem comentários:

Enviar um comentário