quinta-feira, 1 de agosto de 2019

Luís Bouza Trillo 3

Alá a mediados deste siglo había na cibdá de Ourense un zapateiro chamado Xan Canitrote, home de ben a carta cabal, pro que tiña o vicio condenado de tomar cada pelica que o demo iba con ela.
Pola semán adiante traballaba de xenio o bon do descípolo de San Crispín, e ¡abofellas que outro que botase mellor unhas tombas ou uns tacóns, non o había en media légoa ó redondo!
Todo iba ben, como dixen, durante a semán, pro ó chegar o luns, erguíase cedo, moito antes de que cantasen os galos, baixaba á tenda, puña o betún, a subela, as formas e máis chismes do oficio, todo con moito xeito, e logo ben quediño, para que non o sentise a muller abría a porta, e ala, ala, chegaba nun santiamén ó ponte maor, donde, pra facer boca, botaba un par de netos do tinto, en xuntanza con outros compinches.
Ó vir a noite xa tiñan recorrido media docena de bodegóns, e tombo de aquí, rempuxón de acolá, chegaba Canitrote á súa casa feito unha cuba; pro o conto era que Xuliana, moza forte coma un buxo, agardaba ó seu home detrás da porta, e cando coa forcada, cando co sacho, púñalle o lombo que aquelo era de ver.
[...]

"Xan Canitrote (conto popular)", Luís Bouza Trillo

(Luís Bouza Trillo nasceu no dia 1 de Agosto de 1869. Morreu em 1941.)

Sem comentários:

Enviar um comentário