[...]
- ¡Pillo, mal home! ¿ti pensas que sempre has de levar esa vida de
nogallán e de borracho? ¡pois coida que che rompo unha perna e dás co corpo
no hespital!
O bo do Xan xuraba e rexuraba que nin pinga habían de volver a probar os seus
lábeos, pro chegaba o luns siguiente, e volta a tomar a gran canela, e volta a
recibir a colosal somanta.
Un día en que Xuliana, enferma dun caruncho que lle salira súpeto
nun cadrís, tuvo que gardar cama polo bon ou mal consello dos médecos, botou
a conta o zapateiro de que por aquela vez non había palerma, e chegou a empinar o codo de maneira tal, que por máis que fixo e fixo non pudo dar coa tenda
aquela noite, e quedou estomballado nun calexón roncando a perna solta.
Deron as doce no relox da Catedral, e cata que uns escolantes que, si
non son fillos, polo menos teñen algún parentesco co demo, acertaron a pasar
por aquela paraxe, de volta, quizais, de facer algunha trasnada.
[...]
"Xan Canitrote (conto popular)", Luís Bouza Trillo
(Luís Bouza Trillo nasceu no dia 1 de Agosto de 1869. Morreu em 1941.)
Mostrar mensagens com a etiqueta Luís Bouza Trillo. Mostrar todas as mensagens

sábado, 1 de agosto de 2020
quinta-feira, 1 de agosto de 2019
Luís Bouza Trillo 3
Alá a mediados deste siglo había na cibdá de Ourense un zapateiro chamado Xan Canitrote, home de ben a carta cabal, pro que tiña o vicio condenado de tomar cada pelica que o demo iba con ela.
Pola semán adiante traballaba de xenio o bon do descípolo de San Crispín, e ¡abofellas que outro que botase mellor unhas tombas ou uns tacóns, non o había en media légoa ó redondo!
Todo iba ben, como dixen, durante a semán, pro ó chegar o luns, erguíase cedo, moito antes de que cantasen os galos, baixaba á tenda, puña o betún, a subela, as formas e máis chismes do oficio, todo con moito xeito, e logo ben quediño, para que non o sentise a muller abría a porta, e ala, ala, chegaba nun santiamén ó ponte maor, donde, pra facer boca, botaba un par de netos do tinto, en xuntanza con outros compinches.
Ó vir a noite xa tiñan recorrido media docena de bodegóns, e tombo de aquí, rempuxón de acolá, chegaba Canitrote á súa casa feito unha cuba; pro o conto era que Xuliana, moza forte coma un buxo, agardaba ó seu home detrás da porta, e cando coa forcada, cando co sacho, púñalle o lombo que aquelo era de ver.
[...]
"Xan Canitrote (conto popular)", Luís Bouza Trillo
(Luís Bouza Trillo nasceu no dia 1 de Agosto de 1869. Morreu em 1941.)
Pola semán adiante traballaba de xenio o bon do descípolo de San Crispín, e ¡abofellas que outro que botase mellor unhas tombas ou uns tacóns, non o había en media légoa ó redondo!
Todo iba ben, como dixen, durante a semán, pro ó chegar o luns, erguíase cedo, moito antes de que cantasen os galos, baixaba á tenda, puña o betún, a subela, as formas e máis chismes do oficio, todo con moito xeito, e logo ben quediño, para que non o sentise a muller abría a porta, e ala, ala, chegaba nun santiamén ó ponte maor, donde, pra facer boca, botaba un par de netos do tinto, en xuntanza con outros compinches.
Ó vir a noite xa tiñan recorrido media docena de bodegóns, e tombo de aquí, rempuxón de acolá, chegaba Canitrote á súa casa feito unha cuba; pro o conto era que Xuliana, moza forte coma un buxo, agardaba ó seu home detrás da porta, e cando coa forcada, cando co sacho, púñalle o lombo que aquelo era de ver.
[...]
"Xan Canitrote (conto popular)", Luís Bouza Trillo
(Luís Bouza Trillo nasceu no dia 1 de Agosto de 1869. Morreu em 1941.)
quarta-feira, 1 de agosto de 2018
Luís Bouza Trillo 2
[...]
E canso de andar polo mundo volveuse á súa portería xurando e volvendo a xurar que tódalas que lle caesen por banda habían de ir boas. Pasou algún tempo, e presentouse na portería unha vella demandando que lle abrisen a porta.
- ¿Que méritos ten? - perguntou San Pedro.
- Señor, fun casada sete veces e peleei con sete homes que eran sete demos; fun irmán de catro cofradías; fun...
- Basta de palique. ¿E gastou polisón?
- Si, señor.
- Largo, largo de eiquí ó momento.
- Señor...
- Non hai señor que valla... Cen anos de purgatorio.
[...]
"O polisón", Luís Bouza Trillo

terça-feira, 1 de agosto de 2017
Luís Bouza Trillo
O polisón
Pois, señor, foi o caso que San Pedro alcontrouse un día sin saber en que pasa-lo tempo, pois polas portas da mansión celeste non asomaba nin unha rata.
- Señor - díxolle ó Padre Eterno - si a Vosa Maxestad mo permite, quisera dar unha voltiña por alá abaixo, polo mundo, a ver que novedades hai.
- Vaite, Pedro, e coida de non entreterte moito por si vén algún bienaventurado. San Pedro colleu o seu caiado, que en feitura de moca tiña arrimado nun rincón da portería, cerrou a porta por si mentras el estaba fóra entraba algún que non tivese a concencia limpa, e ala que ala veuse pra eiquí abaixo.
Adonde irei e adonde non irei, chamou á porta dun señor mui fachendoso que vivía nunha vila prencipal.
- Tun, tun.
- ¿Quen é? - perguntou a filla máis nova do señor aquel.
- Un probe pelengrín que non ten onde pasa-la noite.
- Suba, irmán, que eiquí lle daremos cama e cena.
Entrou San Pedro e cenou con tódolos da casa, que por certo trataban que o pasase ben.
E comer comeu como un bendito que era; mais ó proba-lo viño perguntou de que taberna o gastaban.
- Señor pelengrín, élle da taberna de aí ó lado.
- ¡Como asome o morro ese taberneiro por alá - murmurou o santo, polo baixo - doulle coa porta nos fuciños por ladrón. Este nin é viño nin Xuncras que o leve!Pois, señor, foi o caso que San Pedro alcontrouse un día sin saber en que pasa-lo tempo, pois polas portas da mansión celeste non asomaba nin unha rata.
- Señor - díxolle ó Padre Eterno - si a Vosa Maxestad mo permite, quisera dar unha voltiña por alá abaixo, polo mundo, a ver que novedades hai.
- Vaite, Pedro, e coida de non entreterte moito por si vén algún bienaventurado. San Pedro colleu o seu caiado, que en feitura de moca tiña arrimado nun rincón da portería, cerrou a porta por si mentras el estaba fóra entraba algún que non tivese a concencia limpa, e ala que ala veuse pra eiquí abaixo.
Adonde irei e adonde non irei, chamou á porta dun señor mui fachendoso que vivía nunha vila prencipal.
- Tun, tun.
- ¿Quen é? - perguntou a filla máis nova do señor aquel.
- Un probe pelengrín que non ten onde pasa-la noite.
- Suba, irmán, que eiquí lle daremos cama e cena.
Entrou San Pedro e cenou con tódolos da casa, que por certo trataban que o pasase ben.
E comer comeu como un bendito que era; mais ó proba-lo viño perguntou de que taberna o gastaban.
- Señor pelengrín, élle da taberna de aí ó lado.
[...]
Luís Bouza Trillo
(Luís Bouza Trillo nasceu no dia 1 de Agosto de 1869. Morreu em 1941.)
Subscrever:
Mensagens (Atom)