[...]
- ¡Pillo, mal home! ¿ti pensas que sempre has de levar esa vida de
nogallán e de borracho? ¡pois coida que che rompo unha perna e dás co corpo
no hespital!
O bo do Xan xuraba e rexuraba que nin pinga habían de volver a probar os seus
lábeos, pro chegaba o luns siguiente, e volta a tomar a gran canela, e volta a
recibir a colosal somanta.
Un día en que Xuliana, enferma dun caruncho que lle salira súpeto
nun cadrís, tuvo que gardar cama polo bon ou mal consello dos médecos, botou
a conta o zapateiro de que por aquela vez non había palerma, e chegou a empinar o codo de maneira tal, que por máis que fixo e fixo non pudo dar coa tenda
aquela noite, e quedou estomballado nun calexón roncando a perna solta.
Deron as doce no relox da Catedral, e cata que uns escolantes que, si
non son fillos, polo menos teñen algún parentesco co demo, acertaron a pasar
por aquela paraxe, de volta, quizais, de facer algunha trasnada.
[...]
"Xan Canitrote (conto popular)", Luís Bouza Trillo
(Luís Bouza Trillo nasceu no dia 1 de Agosto de 1869. Morreu em 1941.)
Sem comentários:
Enviar um comentário