segunda-feira, 17 de agosto de 2020

Francisco Cortegoso 6

A caléndula, flor corolaria, memorial, por epéntese.
O seu tacto ceroso,
a súa única cor alaranxada.
A Serapias parviflora de órganos pendentes e cabalgantes, por oposición.
Sutil retallo de cor,
folla lisa.

A orde, o presencial, o tempo de Siddartha.
Lábil, labial, a sobresaltada boca de Pentesilea.

Esfollamos todos unha das súas flores; pois o tempo parece chegar así, nun avance que conta atrás, e a última pétala a primeira e todas as demais perdidas xa: mais a presenza. Síncope.
Observamos o xesto coloreado da pétala que pende, e cara ao fondo continúa.

"Memorial e Danza", Francisco Cortegoso

(Francisco Cortegoso nasceu no dia 17 de Agosto 1985. Morreu em 2016.)

Sem comentários:

Enviar um comentário