Navy Bar
Este bar ten balances
E tamén está listo
pra se facer á vela
Enchéronnos o vaso
con toda a auga do Mar
pra compor un cocktail de horizontes
Pendurados das horas
atlas xeográfico de esperantos
están sen tradución
E tatexan as pipas
co ademán políglota das bandeiras
Ese cantar improvisado
é o mesmo
que xa se improvisou nalgures
Quen chegou avisándonos
desa cita nocturna que temos
co vento ao NE
na encrucillada das estrelas apagadas?
Aquí bebe de incógnito
o Mariñeiro Desconecido
- sen xeografía nin literatura -
A noite dos naufraxios
co seu brazo salvavidas
aferrará connosco unha vela de chuvascos
O vaso derradeiro
estaba cheo de despedidas
Polas rúas dispersas
íamonos fechando
cada un dentro da súa alta mar
No repouso dalgún vaso
tódalas noites naufraga o Bar.
"De Catro a Catro", Manuel Antonio
(Manuel Antonio nasceu no dia 12 de Julho de 1900. Morreu em 1930.)
Sem comentários:
Enviar um comentário