terça-feira, 23 de julho de 2019

Eladio Rodríguez González 3

Malpocado!

[...] 
Arrimado á un pau de toxo
vai por todol-os lugares.
Atravesa comareiros,
cruza brañas, sobe cumes e recorre piñeirales;
chama âs portas das casupas;
aquí pide i-alí danlle.
Se á mau vèn, inda o socorren,
e, se cadra, non atopa quen se doia dos seus males.
Viva estatua da pacencia,
leva a crus das súas mágoas coa maior conformidade.
Xa está afeito á que nas chouzas
unhas veces o acariñen i-outras veces o maltraten.
Todo é seu e non tèn nada.
Súa probeza ben a sofre, súa disgracia ben a sabe.
O infertunio asoballouno coas patoulas das inxurias,
i-a esventura malferíuno co fouciño dos aldraxes.
Non herdou dos seus maiores
nin xiquera un mal apaño pra podere gobernarse,
pero en troques, onde o enterren
en xamáis ha de faltarlle.
Un homilde cimeterio d'unha aldea silenciosa
terá sempre eterno acougo pr'os seus férvedos penares,
e no colo da Nai Terra
durmirá de cote o sono derradeiro dos mortales.
[...]

"Oraciós Campesiñas", Eladio Rodríguez González

(Eladio Rodríguez González nasceu no dia 24 de Julho de 1864. Morreu em 1949.)

Sem comentários:

Enviar um comentário