Mostrar mensagens com a etiqueta Malpocado. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Malpocado. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 24 de julho de 2020

Eladio Rodríguez González 4

Malpocado!

[...] 
¡Probe vello sin arrimo!                     
¡Probe pidincheiro errante!
Engoumado pol-os anos i-engurrado pol-as penas                     
é talmente a propia imaxe                     
da miseria que se axunta
cos delores e coa fame.
Cando alguén lle dá unha esmola de pantrigo e de compango
queda sempre o malpocado satisfeito de verdade.                     
Anda un día i-outro día,
paseniño e sin cansarse,
coa falchoca postaô lombo, camiñando pra ningures,
sempre ô achou, sin rumbo fixo, sempre cara á todas partes.
Pol-o vrau sofre o calmizo d'ese solque mesmo abafa                     
e que troca en fogo o aire;                     
sol de vrau, lume de incendio                     
que nos campos parés que arde.
Pol-o inverno, caia neve, brúe o vento ou o corisco,
chova ou xíe, él non fai caso dos rigores do friaxe.
[...]
"Oraciós Campesiñas", Eladio Rodríguez González

(Eladio Rodríguez González nasceu no dia 24 de Julho de 1864. Morreu em 1949.)

quarta-feira, 24 de julho de 2019

Eladio Rodríguez González 3

Malpocado!

[...] 
Arrimado á un pau de toxo
vai por todol-os lugares.
Atravesa comareiros,
cruza brañas, sobe cumes e recorre piñeirales;
chama âs portas das casupas;
aquí pide i-alí danlle.
Se á mau vèn, inda o socorren,
e, se cadra, non atopa quen se doia dos seus males.
Viva estatua da pacencia,
leva a crus das súas mágoas coa maior conformidade.
Xa está afeito á que nas chouzas
unhas veces o acariñen i-outras veces o maltraten.
Todo é seu e non tèn nada.
Súa probeza ben a sofre, súa disgracia ben a sabe.
O infertunio asoballouno coas patoulas das inxurias,
i-a esventura malferíuno co fouciño dos aldraxes.
Non herdou dos seus maiores
nin xiquera un mal apaño pra podere gobernarse,
pero en troques, onde o enterren
en xamáis ha de faltarlle.
Un homilde cimeterio d'unha aldea silenciosa
terá sempre eterno acougo pr'os seus férvedos penares,
e no colo da Nai Terra
durmirá de cote o sono derradeiro dos mortales.
[...]

"Oraciós Campesiñas", Eladio Rodríguez González

(Eladio Rodríguez González nasceu no dia 24 de Julho de 1864. Morreu em 1949.)

terça-feira, 24 de julho de 2018

Eladio Rodríguez González 2

Malpocado!

Coa falchoca dos codelos pouco menos que valeira
vai o probe do velliño pol-a corredoira adiante.
Vai cuberto de farrapos

debullando os seus pesares.
Vai él solo pol-os pobos á pedir de porta en porta,
sin topar quen o acompañe
na diaria camiñada dos seus tristes desamparos
nin na noite sempre escura das suas longas soedades.

[...] 

"Oraciós Campesiñas", Eladio Rodríguez González

(Eladio Rodríguez González nasceu no dia 24 de Julho de 1864. Morreu em 1949.)