terça-feira, 9 de abril de 2019

Manuel Lueiro Rey 4

Amañece.
Das montañas baixa unha luz nacente, deixando ve-las árbores do bosque, os tellados, os camiños, o río, as perspectivas lonxanas dos campos traballados.
Nas cortes xa bradan os bois e cantan os galos barulleiros nos currais da aldea.
A vida comeza un día máis nas casas campesiñas.
Sobre a aldea estivo a noite como un mito de incertezas impenetrables aconxogando o corazón da xente.

"Manso", Manuel Lueiro Rey

(Manuel Lueiro Rey nasceu no dia 9 de Abril de 1916. Morreu em 1990.) 

Sem comentários:

Enviar um comentário