Di Marcial que dicía Pessoa que a mellor maneira de escribir é
dici-lo que un sente servíndose da gramática. Eu gramática non sei moita, pero
si o que sinto; seino e vouno contar. Non sei se coa finura que di Marcial que
tiña o Pessoa ese, pero contar vóullelo contar. Aforrarei moitas descricións e
detalles nos que se deteñen os escritores de verdade, pois paréceme a min que o
único que conseguen é aburrir. Pero iso si, ¿saben o que lles digo?: que me
gustaría un montón que comezasen a ler e non desen parado; que estas letras
tivesen un magnetismo especial e quedasen todos apegados nelas. Porque é moi
triste coller un libro e sufrir para pasar da primeira páxina, ¿non lles
parece? Polo menos a min pásame con eses libros que nos manda le-lo maricón de
Anxo. ¿Quen lle diría desa merda de libros que nos obriga a ler? ¡Que cabrón! A
min xa me colleu manía desde o primeiro día: o tío chega en plan chulo, míranos
coma se nos fose mercar, séntase, abre de lista e ponse a chamar un por un.
"Selva Negra", Miguel Suárez Abel
(Miguel Suárez Abel nasceu em 1952. Morreu no dia 18 de Abril de 2017.)
Sem comentários:
Enviar um comentário