O primeiro bico
O Xan pidíulle un bico á Maripepa,
A que sonrindo dixo "non cho dou"
Fay bén, pois dill' o crego d'a parroquia
Que os bicos solo p'ros santiños son,
Hachárona unhas nenas n'o camiño,
E co-isa bulra propia d'a mullér
Dixéronlle: ¿tí séica viche o zorro?
¡Ay Maripepa que oxerosa vés!
Atopóuna soliña certa tarde
O Xan, y-un bico lle volveu pidir;
Ela quixo lóitar, fíxose forte
Mais... dicindo que non dixo que sí:
Non quero, non cho dou, que o crego rifa
Dixo cobrindo a cara c'o rnandil,
Mais o demo do Xan, queiras non queiras,
Diulle o bico e dempois votóuse a rir.
Atopáronna us homes d'alí a pouco
E por falar dixéronlle tamen:
¿Seica andiveche tí c'o trasno ás voltas?
Vállate o ceo ¡que alcendida vés!
Dempois pensando a solas a rapaza
Deprocatouse d'unha cousa, e foi
Que os bicos teñen a virtú de darlle
'As mesillas das nenas mais color;
Xa nou creeu no crego d'a parroquia
Que sempre predicou co'a fé millor,
Ista verdá que cen leuciós encerra:
Os bicos soilo pr'os santiños son
¡Sempre os homes son demos pr'as mulleres
Sempre as nenas se perden pol-o amor!
"Espiñas, Follas e Frores. Colección de Versiños Gallegos (Ramiño Primeiro)", Valentín
Lamas Carvajal
(Valentín
Lamas Carvajal nasceu no dia 1 de Novembro de 1849. Morreu em 1906.)
Sem comentários:
Enviar um comentário