terça-feira, 1 de novembro de 2016

Valentín Lamas Carvajal

Como chove...

                                    Chove chove
                                    n-a casa d'o probe.                         

¡Vállame Dios que noite! ¡como chove,
como chove, e que lóstregos se ven!
¿que guia os campos levarán? ¡Ay, probe,
probe d' o que non ten!
 

Con forza á pedriscar comenza agora,
riba de nos a nube descargou:
óutra tal com' aquela que treidora
as terras nos levou.

Qué d' estrozos fará nos nosos millos;
nin graos pr' a sementeira deixará:
¡ay amante muller, amados fillos,
quedádesvos sen pan!

O ano enteiro traballa pra q' un trono
lle leve o que precura con suor,
ou ben escravo pra manter seu dono
trabaIla o labrador.

Parés, muller, que cae unha goteira
n-o leito d' os pequenos, vai á ver;
acende ese candil, e n-a lareira
vota foupas tamen.

Se mollados están os anxeliños,
tráinos aixiña e vámolos quentar:
¡inda por hoxe iñoran, coitadiños,
poI-as que pasa un pai!


"Saudades Gallegas", Valentín Lamas Carvajal

(Valentín Lamas Carvajal nasceu no dia 1 de Novembro de 1849. Morreu em 1906.)

Sem comentários:

Enviar um comentário