Calquer pensara que un meigallo se lle metéu no corpo, ô ver cómo cambeou de súpeto.
Esborroóuse da sua boca a sonrisa pracenteira, fuxíu dos ollos o mirar churruscandeiro, velado agora por humedeces bágoas, entre as cales brilaban lóstregos de penares, en vez de lumiar de ensonos, e pódese decir que fuxíu da xente, pois pasaban días enteiros sin aparecer entre ela.
Âs veces, nas noites prácidas do vran, percibíase por riba do queixumar dos pinos de Castel-Ramiro, a voz de Xacinto, débel, esmaída, cantando copras, de tan sentidas, casi tristeiras, que somellaban um continuo salayar de amores non correspondidos.
"Contos da Terriña", Heraclito Peréz Placer
(Heraclito Peréz Placer nasceu no dia 8 de Novembro de 1866. Morreu em 1926.)
Sem comentários:
Enviar um comentário