terça-feira, 19 de janeiro de 2021

Uxío Novoneyra 7

Novas verbas de door

Pechouse a noite riba do ucedo
i eu non vin einda a cor da miña amiga.
Agora é cando ún treme e ten medo.

Iste desacougo! Este cousa! Esta mao xorda que tira!
Iste querer irse sin saber para onde!

Agora o meu cor é unha chaga encendida.
Unha mao loba anda escalazándome a ferida.

Esta door que se oi!
Iste cor meu!
Esta door que me veo ela de seu
Sin saber polo que foi!

Foi coma se caira nunha cova.
Antes era noite i era día
Agora é todo unha negrura loba.


"Os Eidos", Uxío Novoneyra

(Uxío Novoneyra nasceu no dia 19 de Janeiro de 1930. Morreu em 1999.)

Sem comentários:

Enviar um comentário