segunda-feira, 16 de novembro de 2020

Antón Santamarina Delgado 4

Poda que... Non! A xente do Café non! O Camagüei sempre estivo ali. Ainda antes de pór el a granxa. E todos eran seus vellos amigos, ademais de excelentes viciños. Boa xente toda, boa dunha peza. Sen desmerecer a ninguén. Polos fegreses do Camagüei era capaz de pór as maos no lume. E poria-as sen hesitar.
Por don Lucas non. Iso si que non. Nen por el, nen pola sua filla. El que sempre barballocaba de non gostar nen do caldo nen do touciño. Madialeva, e ainda o dicia... Ademais a señorita "miss" vestia pantalons como os homes e fumaba como unha chaminé, ali, espotroada como unha goldra, pé da fiestra que mais parecia un escaparate dos seus encantos, da sua fascinacion.
Tampouco ela gostaba do caldo nen do touciño. Era-che boa! Para iso estaban os poliños, o seu poleiro!
Nada. Cousa boa non podia ser!
...
O tio Constante estaba a madurecer a sua vinganza.
Convidaria-os a cear un dia.
E foron. Claro que foron. Como non ian ir?
...

"O Gatiño da "Miss" e Outros Contos", Antón Santamarina Delgado

(Antón Santamarina Delgado nasceu no dia 16 de Novembro de 1928) 

Sem comentários:

Enviar um comentário