Mostrar mensagens com a etiqueta O Gatiño da "Miss" e Outros Contos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta O Gatiño da "Miss" e Outros Contos. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 16 de novembro de 2020

Antón Santamarina Delgado 4

Poda que... Non! A xente do Café non! O Camagüei sempre estivo ali. Ainda antes de pór el a granxa. E todos eran seus vellos amigos, ademais de excelentes viciños. Boa xente toda, boa dunha peza. Sen desmerecer a ninguén. Polos fegreses do Camagüei era capaz de pór as maos no lume. E poria-as sen hesitar.
Por don Lucas non. Iso si que non. Nen por el, nen pola sua filla. El que sempre barballocaba de non gostar nen do caldo nen do touciño. Madialeva, e ainda o dicia... Ademais a señorita "miss" vestia pantalons como os homes e fumaba como unha chaminé, ali, espotroada como unha goldra, pé da fiestra que mais parecia un escaparate dos seus encantos, da sua fascinacion.
Tampouco ela gostaba do caldo nen do touciño. Era-che boa! Para iso estaban os poliños, o seu poleiro!
Nada. Cousa boa non podia ser!
...
O tio Constante estaba a madurecer a sua vinganza.
Convidaria-os a cear un dia.
E foron. Claro que foron. Como non ian ir?
...

"O Gatiño da "Miss" e Outros Contos", Antón Santamarina Delgado

(Antón Santamarina Delgado nasceu no dia 16 de Novembro de 1928) 

sábado, 16 de novembro de 2019

Antón Santamarina Delgado 3

O tio Constante non paraba de se repetir para os seus adentros que, ás mañans, os pitiños do poleiro non eran sempre os mesmos. Isto é, que habia menos. E quen era quen de contálos se nunca paraban quedos...
El, des-que viñera de Cuba, sempre criara polos e mais coellos. E agora, ultimamente, por mais que o refrán diga que "ave de vico non pon ao amo rico", ficara só coa cria de pitos. E era de verao cando mais produto lles tiraba, pois sen necesidade de ter conta de cando e onde habia feira, colocaba os seus pitiños entre os abundantes veraneantes que viñan tomar as augas medicinais que surxian, xenerosas, en varios pontos do enxido. Aqueles veraneantes, non afeitos ás graxentas e colesterólicas carnes de porco, sentian verdadeira predileccion polas branquiñas carnes dos bípedos. Congruéncia total, por outra banda, de reximes curativos compostos por descanso e saborosa boa cociña.
E non! Ao amañecer non estaban os mesmos pitos. Non habia a mesma cantidade que el, ollo de bon poleiro - e mellor poleiro ca el non o habia -, fitara teimosamente antes de se ir deitar.
Antes nunca lle faltaran!
A xente do Café?


"O Gatiño da "Miss" e Outros Contos", Antón Santamarina Delgado

(Antón Santamarina Delgado nasceu no dia 16 de Novembro de 1928)

sexta-feira, 16 de novembro de 2018

Antón Santamarina Delgado 2

Tal e como cadraba a unha verdadeira "miss", e a un pai digno proxenitor, volveran-se señoritos e non habia no povo apelido nen nome que ao pai lle encartar.
O concento do tio Constante durou menos do que dura un lampo.
El aprendera aló por terras americanas que non podia estar agrilloado á tradicion se queria medrar economicamente. Os leiros dispersos que lle deixaran os seus vellos non se coalizaban co seu teimoso anseo de ter unha granxa. Vendeu-nos. Axuntou todos os pesos e deu comezo ao seu ensoño.
Pero habia uns dias que estaba a notar a falla dalgun que outro pitiño. Todos estaban perfeitamente cobixados no poleiro do fondo do terreno. Era imposíbel que puderen sair sós de dentro do coberto que el coidaba de deixar sempre ben pechado.

"O Gatiño da "Miss" e Outros Contos", Antón Santamarina Delgado

(Antón Santamarina Delgado nasceu no dia 16 de Novembro de 1928)

quinta-feira, 16 de novembro de 2017

Antón Santamarina Delgado

O señor Constante era feliz avondo coa sua casiña, ben branquiña ela, á beira da estrada A Coruña-Madrid, perto da tenda do Maragato e mesmo pegadiña ao «Café Camagüei» que tanto lle lembraba os seus anos mozos aló polas terras quentes do Caribe.
O tio Constante vivia só. A sua casa destacara-se sempre de todas as outras dos arredores polo feito de que fora a primeira de tellado de tella e de exteriores pintados. E foi o temor de que lle ficar tapada o que o fixo pór-se en contra de que lle construísen outra ao lado. Pero o progreso avanza e co progreso viñeron mais casas.
Do outro lado da sua estaba a "casa nova" que agora xá tiña viciños. Eran estes don Lucas coa filla, rapariga formosa e lisgaira como unha formiga, como unha abella raiña que non tivese continuidade anatómica entre o busto e aquelas cadeiras que acaneaban como un vime cada vez que camiñaba. E os ollos...? Se mesmo non parecian duas estreliñas que se botaran do firmamento para adornaren a sua cara...
E tamén Morito, o gatiño branco que sempre se puña no regazo cada vez que ela tomaba o sol através das reixas daquela fiestra que facia da pobriña unha verdadeira doncela cativa dos ciúmes dun pai cuase mouro. A Mérchi habia pouco tempo que fora elexida "miss" das festas do povo de non se sabe onde e, desde entón, seu pai celaba-a tanto que non lle deixaba achar tempo para se facer dun noivo.


"O Gatiño da "Miss" e Outros Contos", Antón Santamarina Delgado

(Antón Santamarina Delgado nasceu no dia 16 de Novembro de 1928)