sábado, 10 de agosto de 2019

Ánxel Fole 5

Coma lles foran ben as cousas, tamén había que merendar. Deixaron as bestas en cas Cosme, na mesma praza da feira, que se chamaba a plazuela da Herba. Ninguén coma Cosme pra preparar axiña unha merenda. ¡E que bon viño de Chantada tiña! Alí estiveron outro bon rato, bebendo e parolando... O caso é que cando chegaron a Canturín xa era noite pecha.
Camiña que te camiña, logo chegaron a Paradela. Antón propoñialle a seu compañeiro que marcaran unha serrería que se vendía na Puebla. Pedro decíalle que era millor coller en aparcería o muíño de Moscán. Faríanse ricos en poucos anos. Mais Antón vía mellor o da serrería. ¿Por qué non a serrera i o muíño? Ganarían moito máis, qui é do que se trataba. Os dous vían chover onzas do ceo.
Tiñan que atravesar a campa de Xan da Cruz, pois decidiron, pra estar cedo na casa, deixar a carretera e ir polo atallo. Aquila campa é moi grande. Alí encórase moito a iauga polo tempo das choivas da outonía.


"Á Lus do Candil", Ánxel Fole

(Ánxel Fole nasceu no dia 11 de Agosto de 1903. Morreu em 1986.)

Sem comentários:

Enviar um comentário